Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/5/11

Abrir os ollos

Non sempre chega ese momento. Se non chega, non pasa nada, xa que segues igual. Pero cos ollos pechados. Alguén dixo hai tempo (non sei quen foi e creo que é irrelevante quén o dixera. O importante foi o que dixo e iso mesmo fai que esa persoa sexa relevante a partir dese momento) que a ignorancia da a felicidade. DEbería estar de acordo con iso, xa que si non sabes, eres feliz.

Pero me resisto. No meu interior semella que a esa frase lle falta un ? ao final. A ignorancia da a felicidade? Pois diso é do que quero barallar, ou esbardallar, que é o facemos por aquí. Pode ser que a ignorancia che dea a felicidade, pero para mín é unha felicidade moi fráxil, inestable e efímera, xa que en canto cambie a túa visión do teu arredor, en canto abras os ollos (ou chos abran), esa ignorancia desaparecerá, e con ela a felicidade? que tiñas.

Tamén pode pasar que ninguén ao teu arredor che abra os ollos (porque non saben cómo facelo, porque comparten contigo esa ignorancia que da felicidade ou porque lles convén que sigas así) pero o que é imposible (creo) e pasar toda a vida esquivando a luz que ilumina esas esquinas (ou esas grandes habitacións, depende do caso) de ignorancia que levan anos a escuras.

O malo diso son dúas cousas; se che acaba a ignorancia (abres os ollos) e non ten volta atrás. Podes non saber qué facer coa información, pero non podes esquecela. Ás veces doe, outras veces axuda a mellorar e outras te paraliza tanto que preferirías seguir na ignorancia... pero xa non se pode.

Qué facer? Pois como dixo alguén a que aprecio moito, sempre hai máis de unha opción. Non existe unha única saída. Pode que de 5 posibilidades, 4 sean moi desagradables e escollas a 5ª, pero as posibilidades existen. Por qué eliximos unha e non outra? Creo que é cuestión de supervivencia. Eliximos a posibilidade que (pensamos) menos dano nos fará no futuro. Pero non sempre acertamos, e despois custa moito máis endereitar unha situación cando decidiches, si, si, digo decidiches xa que si partimos da premisa de que hai máis de unha posibilidade, ti decides unha ou outra...

E para que serve? Ben, o feito de abrir os ollos (ou que chos abran) normalmente non é algo que elixas. Sucede, e só podes facer algo con esa información que de pronto tes. Usala para poder estar mellor. E niso andamos tod@s...

1 comentario:

  1. Anónimo30/5/11

    Vaia, parece que alguén está entrando na crise dos 40...

    Paula

    ResponderEliminar