Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


20/1/12

DESORIENTADO 31

Nina sempre tiña a mesma sensación ao salir da cámara de descontaminación. Limpeza. Non limpeza como se pode entender de xeito caseiro, nin sequera limpeza hospitalaria, con controis de infestacións e infeccions, aire acondicionado, etc. A limpeza á que se sometía a todos os membros do equipo ao entrar na zona “Cryo” cáseque chegaba a nivel celular. A pel queda como recén estrenada, como a dos nenos pequenos, sen mácula algunha. O peor de todo era a dor de cabeza. Non duraba moito, pero a parte esquerda do cráneo quedaba sensibilizada durante varias horas. O equipo non daba achado a razón para esa extraña dor, pero os beneficios da descontaminación superaban con moito a incomodidade da dor. Os outros efectos secundarios eran imperceptibles, ainda que é certo que desde o incidente de Sara o acceso estaba totalmente restrinxido. O proxecto non permitía “de facto” que ninguén máis que Nina entrase e saíse da zona. Con razón ou sin ela, ata que estivese solucionado, a zona Cryo estaba illada do mundo, agás pola presenza da Turbina.

1 comentario: