Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


13/1/12

DESORIENTADO 30


Tanto Dimitri coma mín saímos da gruta totalmente noqueados polas implicacións que só albiscabamos ao lonxe debido ao “suceso” na cova. A partir dese momento, un acordo tácito se produciu como por arte de maxia (máis ben me parece que foi por un prosaico acolloe...) entre nós. Quedaban meridianamente claras varias cousas: non podiamos contar nada do sucedido a ninguén ata volver á cova; non podiamos voltar á cova sen material específico de buceo espeleolóxico; non podiamos tardar moito en facelo (voltar) xa que ainda que o tramo no que atopamos o lago subterráneo estaba apartado das rutas principais de espeololoxía, puidera ser que outra expedición, tanto profesional como de lecer, aparecese no bordo do lago subterráneo. Un golpe de luz frontal e todo quedaría á vista... as pegadas que Dimitri e eu deixamos ao borde do lago eran evidentes, non só porque se achegaban ao mesmo borde, senón porque non había pegadas de volta. Dimitri me contou algo sobre os indios americanos e unha película na que un deles andaba hacia atrás sobre as súas pegadas para despistar aos seus perseguidores, así que de alí saímos de cú. A verdade é que, unha vez fóra da cova, todo aquilo semellaba unha paranoia e ata daba risa... Meu! A quen íamos despistar, se as pegadas chegaban ao lago e alí “desaparecían”... Si algúen chegaba ata alí buscando, por un lado quedaría pampo mirando aos lados, pero outra posibilidade máis inquietante se abría paso; se “algo” saía do lago, só tería que seguir un par de pegadas para saber o camiño de saída da cova....

2 comentarios:

  1. 3 meses.
    Ainda que a espera pagou a pena.

    ResponderEliminar
  2. Non deberías ter tantas espectativas... pero grazas!!

    ResponderEliminar