Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


14/5/10

Votar en Branco ou votar nulo nas eleccións?

Ainda que non son ningún experto, vou tentar explicar porqué a min me parece que é mellor votar en BRANCO que votar NULO.

Comezando polo principio, o voto é un dereito democrático. Polo tanto, o/a que non acepte as regras democráticas, ao meu parecer debería votar nulo ou absterse. Imos por partes:

Voto Nulo: Non se considera validamente emitido, e só conta aos efectos estatísticos. Un voto considérase nulo cando presenta emendas ou riscaduras, mensaxes escritas ou cando ademáis do voto vai algo máis dentro do sobre.

Abstención: Se non se vai a votar, se conta como abstención. TAmén a efectos estatísticos.

Voto Branco: Considérase validamente emitido. Conta para os efectos de cálculo das maiorías. Votando en branco, acéptase o sistema de votación democrática, ainda que se manifesta a non aceptación das opcións que se dan.

Con todo isto, vou poñer un exemplo que considero que pode esclarecer as cousas:

Cidadáns con dereito a voto= 100
Maioría absoluta =51

Ben, con estes datos, imaxinemos que 20 cidadáns votan NULO:

Votos validamente emitidos=80
Maioría absoluta = 41

Agora ben, imaxinemos que 20 cidadáns votan en BRANCO:

Votos validamente emitidos = 100
Marioría absoluta = 51

Tendo en conta isto, o voto en branco neste caso, si que ten efectos, dado que, por exemplo, para a opción que busca a maioría, non é o mesmo ter 41 votos positivos de 80 posibles, que ter 51 votos positivos de 80 posibles...Aqui vos deixo un pequeno gráfico. Ás veces unha imaxe vale máis que mil palabras..
A elección do voto é persoal e secreta, pero ás veces está ben saber qué queremos votar, non?

EDITADO
Teño que aclarar que este efecto do voto en branco só se produce cando é necesario obter maioría absoluta nas eleccións. En cambio, para maioría simple, ou maioría de votos só se teñen en conta os votos a favor, así que o voto en branco non iría para ningún candidato, e tampouco conta para a maioría absoluta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario