Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


5/5/10

Abrir Portos no Emule

Ben, esto pode ser de interese para tod@s os que teñades instalado o programa Emule, un dos moitos programas p2p (peer two peer)de intercambio de arquivos. Persoalmente, ainda que probei outros, normalmente só utilizo este para descargar o que me interesa.

O problema do Emule é que, igual que o resto de programas que se conectan á rede, utiliza unha entrada e unha saída dos datos, os denominados portos. Normalmente estes portos vánse atopar pechados tanto no antivirus que teñamos instalado no PC coma no router co que nos conectemos á rede. Vou tentar explicar cómo abrir eses portos:



O primeiro é ver cómo están conectados eses portos. Para iso, na pestaña "preferencias", imos ao apartado "conexión" e ahí vemos que portos TCP e UDP  temos por defecto. ESes portos poden cambiarse por case calquera valor, e só hai que ter en conta que a diferenza entre o TCP e UDP debe ser de 10. P.ex: TCP= 31160 e UDP= 31170.

Algúns portos os ocupan outros programas e pode haber problema de incompatibilidades. Nalgúns foros de internet recomendan coller 2 portos entre o rango 61.000 e 65.000. Vós mesmos.

Ben, temos xa anotados qué portos queremos abrir do noso programa. Agora toca ver no antivirus de turno si ten activado o firewall, e crear unha regra de excepción para eses dous portos en concreto. É importante non abrir todos os portos, só os que nos interesan. Aquí xa non podo explicar en cada antivirus cómo facer, pero en case todos hai unha opción para crear regras de conexión para os programas. Normalmente teñen un apartado de "firewall" ou "cortafogos" e dentro de ese apartado, "control de protocolo de rede", no que se poden agregar instruccións para permitir que eses portos teñan acceso total á rede.

Por último, pero non menos importante, é necesario abrir os portos no Router. Aquí chegan varias complicacións, dependendo do modelo de router e tamén do voso proveedor de serzivos de internet, pero podo asegurarvos que, anque non teño uns coñecementos de informática nada avanzados, puiden abrir os portos que me interesaban grazas á seguinte páxina: http://www.adslzone.net/ no apartado "titoriais de axuda". Aparecen os titoriais de cada modelo de router, e en cada titorial hai un apartado sobre "abrir portos".

E todo iso para qué, preguntaredes... pois o caso é que para poder descargar contidos con toda a velocidade que proporciona a vosa conexión, debedes ter unha ruta directa entre o programa e a rede, o que se chama "ID alta". Cando se ten a ID Alta, a icona do programa, cando está minimizada, aparece o burriño cos ollos destapados. Se, polo contrario, tedes ID Baixa (LowID), na icona aparecerá o burriño dos ollos vendados.

Espero que vos sirva este pequeno titorial.

Unha última cousa. É perigoso abrir portos no PC, iso é certo. A responsabilidade é de cada un. Pero ás veces é necesario correr un risco "controlado" para obter algunha ventaxa, non?

No hay comentarios:

Publicar un comentario