Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


11/5/10

The Sandman, de Neil Gaiman

Neil Richard Gaiman é un coñecido autor de historietas e escritor de ciencia ficción e fantasía. Naceu o 10 de novembro de 1960 en Portchester, Reino Unido. A súa creación máis famosa é a serie de historietas The Sandman.

Biografía

Neil Gaiman naceu o 10 de Novembro de 1960 na cidade de Portchester, Inglaterra e criouse en Sussex. De neno cultivou unha grande afección á lectura, tanto de libros (GR. K. Chesterton, C. S. Lewis, J. R. R. Tolkien) como de comics. O seu maior sono era converterse en escritor e por iso non rematou os estudos e púxose a traballar colaborando en diversas publicacións como crítico, articulista ou entrevistador.

Unha desas entrevistas, con Alan Moore, cambioulle a vida: espertou nel a súa antiga afección polos comics e empezou a formularse a posibilidade de escribir historias para este medio, instruído por Alan Moore. Despois dun par de traballos de rodaxe, en 1986 coñece a Dave McKean, novo debuxante de peculiar estilo e xuntos crean a súa primeira novela gráfica, "Casos Violentos". Por aquela época, o éxito de Alan Moore con "A cousa do pantano", leva aos editores de DC Comics a buscar novos talentos nas illas británicas. Karen Berger, editora de DC, consegue levar os Estados Unidos a unha xeración de escritores que van marcar un fito na industria de Comic Book norteamericano; entre eles encóntrase Gaiman. Gaiman comeza o seu percorrido polo mercado americano en 1988 con "Orquídea Negra", e Karen Berger contenta co resultado, suxire ao guionista británico unha serie mensual. Para iso, Neil decide crear un personaxe novo, baseado no folclore anglosaxón chamado Sandman, quen se desenvolvería nun ambiente sobrenatural e onírico, afastado do típico comic de superheroes predominante no mercado.

Nesta nova historia, Gaiman recrea a vida de Morfeo, dos seus irmáns, Los Eternos, os seus amores, o seu carácter orgulloso, a súa fígura dramática e os cambios que lle acontecen ao seu pesar, todo iso coas marabillosas portadas do amigo McKean.

Actualmente, Neil Gaiman vive preto de Minneapolis, Minnesota, nos Estados Unidos, nunha casa estilo "Familia Addams". Está divorciado de Mary T. McGrath e ten tres fillos: Michael, Holly e Madeleine.

Argumento



O protagonista de The Sandman é Sono, a personificación antropomórfica dos sonos. É coñecido por unha ampla variedade de nomes, encabezados por Morfeo, pero tamén Oneiros, o Formador, o Príncipe das historias, e moi raramente, polo Areeiro (pola lenda celta acerca dun encanto que botaba area aos ollos dos dormentes permitíndolles así o sono). Este último nome dá título á serie (The Sandman), aínda que practicamente é unha herdanza doutro personaxe co mesmo nome dentro do universo de DC.

A personalidade fría, ás veces cruel, de Sono nas historias que transcorren no pasado, vai evolucionando ata as historias na actualidade: onde tras os anos de aprisionamiento ten a oportunidade de reformular os seus erros. Pero, canto pode cambiar unha criatura tan vella como o universo? Un tema importante dentro da serie é o da responsabilidade e as súas consecuencias; o contraste entre os deberes que Sono se impón a si mesmo, e a renuncia á obriga que Destrución elixe. Gaiman resumiu o argumento da serie como «O rei dos sonos aprende que un debe cambiar ou morrer e toma a súa decisión».

Morfeo pertence a unha familia coñecida como os Eternos formada por sete irmáns; cada un é a representación antropomórfica dun concepto. Eles son, de maior a menor: Destino, Morte, Sono, Destrución, Desexo & Desespero (quen resultan xemelgos), e Delirio (antes Delicia). En inglés, todos estes nomes comezan coa letra D (Destiny, Death, Dream, Destruction, Desire, Despair e Delirium, respectivamente; o cal podería supoñer o conxunto ao nome familiar como un anagrama [sendo a palabra traducida do idioma inglés co seu respectivo artigo, the Endless, o cal en anteposición a unha palabra que comece con vogal fai da súa pronunciación similar coa da devandita letra {/dei/}: «D eterna»; ... Nunha introdución da serie aparece unha cita: «D pode significar moitas cousas»]).

A maioría das historias transcorren entre o Sono, o reino de Morfeo, e o mundo consciente; aínda que hai frecuentes escenas en dominios como o Inferno, Alfheim, Asgard, e os reinos doutros Eternos. Moitas das historias no mundo consciente transcorren nos Estados Unidos e Reino Unido actuais, pero nas historias que transcorren no pasado visítanse lugares como China, Rusia ou África.

En España agora os dereitos de explotación da obra están en manos da Editorial Planeta, que ven de sacar o primeiro dos volúmenes que recopilarán a obra. Para aqueles que non fomos quen de conseguir os números mensuales 1 a 1, esta é unha boa nova. So agardo que non se trunque a entrega dos posteriores volumes da serie debido ao seu prezo (30 eurazos!!) e poden ter unha das obras mestras do cómic. Atreveriame a dicir que é unha das gandes obras mestras, en xeral, do século XX.
O tempo o dirá, pero as historias que se conforman arredor dese mundo imaxinado por Neil Gaiman non son historias de superheroes, nin de viláns; son historias sobre o divino e o humano, sobre todo sobre o humano..
Segundo o foro de internet Vandal , a periodicidade será a seguinte:
Tomo I: Sueño. The Sandman #1-16. Mayo 2010.
Tomo II: Deseo. The Sandman #17-28. Septiembre 2010.
Tomo III: Delirio. The Sandman #29-37. Enero 2011.
Tomo IV: Destrucción. The Sandman #38-49. Mayo 2011.
Tomo V: Desesperación. The Sandman #50-56. Septiembre 2011.
Tomo VI: Destino. The Sandman #57-69. Enero 2012.
Tomo VII: Muerte. The Sandman #70-75 y Noches Eternas. Mayo 2012.

De momento, o primeiro volume xa está no bote (todo grazas a un agasallo inesperado!!)

4 comentarios:

  1. Anónimo11/5/10

    Non sabia que tiñas un blog.
    Guauuu.
    Teño que apuntalo en favoritos.
    Desculpa o meu galego o teño oxidado.:-)
    Un saludo
    ZEKE

    ResponderEliminar
  2. Anónimo8/9/10

    joooo encántame sandman!!!! xa che ensinarei a miña figurita de Sandman que teño no hogar jojojo e de feito a miña tatuaxe e o símbolo de morte!!! e libros de gaiman leiches?? tm están moi ben!

    CRIS

    ResponderEliminar
  3. Sip, Sadman está xenial!!!
    dos libros que agora edita planeta, un amigo me regalou o primeiro, e teño xa o segundo encargado. Si queres chos paso

    ResponderEliminar
  4. Anónimo9/9/10

    pois igual si que chos roubo si, que eu xa fai varios anos que os leín e o certo é que me apetecia moito releelos!!!
    bicos!!! (un gran blog, por certo!)

    ResponderEliminar