Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


10/5/10

DESORIENTADO 8



Teño que ter en conta que, polo que parece, hai máis xente nesta casa. Non agora, evidentemente, pero nalgún momento se abrirá algunha das portas; ou a dianteira, ou a da cociña ou a porta da habitación xélida. O carallo é que estou sen víveres para aguantar aquí moito tempo, pero teño a impresión de que non tardará moito en abrirse esa porta do demo...
Polo que sei, as cámaras web que me vixían están acesas, pero ainda non sucedeu nada. Levo aqui como 4 horas, máis ou menos, xa que non teño reloxo que mo confirme. Do móvil nokia 6500 slide plata que tiña, nin rastro. Na casa tampouco hai teléfono. Minto, debía haber teléfono, pero no lugar onde estaba o terminal, só hai un recuadro limpo, e ao arredor seu, o mesmo fino e lene po que recubre todos os mobles das diferentes habitacións. Tamén no chan descobro ese mesmo material (semella algún tipo de arxila extremadamente fina) que o impregna todo, agás un arco diante da porta que me ten coma unha tola (tolo...) diante dela dende hai xa non sei canto.
A porta debeu ser aberta non hai moito. Incluso pode que fose aberta para deixarme a min arriba, na cama onde espertei. Si foi así, teño dúas opcións: facerme a durmida (durmido, merda, teño que empezar a pensar en masculino...) na cama, agardando que iso sexa gravado polas cámaras, ou seguir esperando aqui. Porque o de falarlle ás cámaras xa non é opción. Levo berrándolle a ésta que teño enfrente un bo cacho, e nin se moveu a condanada...
Creo que vou ir arriba; pode que, si me ven acostada, apareza alguén por aqui...Cago en tal! Que merda de vida... E esta dor de cabeza que non me deixa nin a tiros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario