blogueado por Berto, free-blogger
A Mara Salvatrucha
O nome de Mara Salvatrucha: A palabra "mara", se emplea no Salvador co significado de xente alborotadora. "Salva", de salvadoreño. Efinalmente, "trucha", ven a significar listo ou espabilado.
Na zona de Los Angeles, a Mara Salvatrucha adoptou o número 13, xa que esta zona está controlada pola Mafia Mexicana, o 13. San Francisco é territorio da 14, por eso no norte de California a MS tomou o número 14.
Así que a Mara Salvatrucha está dividida en dous, a MS 13 no sur de California e a MS 14 no norte.
Ao finalizar a guerra civil salvadoreña, os xuizes da zona de Los Angeles comezan a deportar a pandilleros de volta a El Salvador. Desta forma, a MS 13 se instala con forza no país, mentras que a presenza da MS 14 é mínima.
Xunto coa MS 13, tamén chega a El Salvador a Calle 18, a pandilla máis poderosa de Los Angeles. A guerra que mantiñan estas pandillas nas calles de Los Angeles, se translada inmediatamente a El Salvador.
A MS 13 non ten un alto grao de organización, non hai un lider definido para todo o país, senón que hai varios lideres que en xeral son reconocidos polo seu prestixio. Os enfrentamentos entre membros da mesma pandilla son moi comúns.
Para entrar na MS 13, o aspirante a pandilleiro debe ser "brincado"; o brincamento consiste en pelear con tres membros de la pandilla, durante 13 segundos, e aguantar con valor. No caso de que o futuro pandilleiro sea de complexión moi forte, terá que pelexar contra cinco. O importante é que sufra durante a pelexa, para así demostrar o seu valor.
Non é obrigatorio tatuarse, pero a inmensa maioría dos pandilleiros o están, con tatuaxes alusivas á pertencia á pandilla. Nalgúns casos as tatuaxes se fan en lugares moi visibles, como a cara ou a fronte. Esto se debe a que ol pandilleiro está orgulloso da súa pertenza á pandilla.
A Mara 18
Esta é outra das maras máis coñecidas (tristemente) de Centroamérica. Poderíase calcar case o mesmo que no caso da MS13 para falar da organización, iconoloxía, relixión desta mara, pero o que me impresionou realmente foi o documental de Christian Póveda "La vida Loca"

O fenómeno das maras impresionoume moito, xa que como colectivo teñen unha forza incrible. Dentro da mara estás protexido, eres forte, sínteste ben e podes facer cousas que nunca pensaras. Hai unhas regras, o que vai moi ben para non ter que pensar, para non facer crítica, para agocharse.
As maras son moi territoriais e a estética é moi importante para elas, polo que as guerras entre maras son o día a día nestes territorios. E iso produce un regueiro de mortos continuo, sen fin, xa que a cada morto dunha pandilla sigue unha vinganza nos membros da outra pandilla, nunha espiral de violencia sen fin.
O periodísta foi asasinado o pasado 4 de setiembro de 2009, asasinado de catro disparos á cara.Un grupo de desconocidos asesinou a balazos ao fotógrafo hispano-francés. O seu cadáver foi hachado no pequeno poblado de El Rosario.
Ata o momento non se resolveu o caso, pero todo apunta a que membros da mesma mara que foi filmada poderían ser os responsables do crime.
Aqui vos deixo a primeira parte do documental. Se vos interesa, está dispoñible en youtube:
No hay comentarios:
Publicar un comentario