Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


4/3/10

Matilde Asensi. Comentarios á bibliografía

Blogueado por Berto, free-blogger:


Uff!!! Tiña gañas de facer unha entrada sobre Matilde Asensi.

Descubrina fai uns anos, cando comprei "El Salón de ámbar". Enganchoume, pero naquel momento non me pareceu demasiado. Pensei que era un libro entretido, para o verán, lixeiro e rápido de ler, pero nada máis.
Despois chegou Iacobus, que me tivo 3 días sen parar de ler, cunha historia de templarios, o Camiño de Santiago como viaxe iniciática, cheo de símbolos e pistas de tesouros e segredos... comecei entón a recomendarllo a tódolos meus coñecidos..


Cando lin "El último Catón" tiña xa unha idea do que eu agardaba da autora, pero me sorprendeu gratamente ao ler unha historia montada a escala mundial, baseada en certo modo no clásico "La divina comedia" de Dante Alighieri. Lin o libro de Matilde asensi partindo dos pasaxes da Divina Comedia como claves para descubrir os seguintes pasos.
Co seguinte libro "El origen perdido" tomei conciencia da desigualdade entre as linguas, e como o castelán se impuxo no altiplano andino sobre a lingua local, o Aymara. Descubrín cómo as palabras poden ter efectos sobre o corpo e a mente, pero o libro me deixou un pelín frío...

Con "peregrinatio" disfrutei dun conto no que se interpreta o camiño de Santiago como unha viaxe iniciática, cos mesmos protagonistas que "Iacobus". É un libro cunhas ilustracións preciosas, pero por debaixo das miñas expectativas.

Cando lín "Todo Bajo el Cielo" non as tiña todas comigo, xa que levaba dous libros da autora sen boas sensacións, pero me alegro moito de terlle dado outra oportunidade, pois o libro é incrible. A historia desenvolvese nun país ao que me encantaría ir, China, e o traballo de investigación que se adiviña detrás da historia é impresionante.


Esta foto é só unha mosta do que se describe no libro. Corresponde a un mosteiro no que se ambienta parte da historia do libro, pero no libro describense outros lugares incribles. Pareceume xenial.

Co Libro "Tierra Firme" pasoume coma con outros da autora. Vexo moita diferenza de calidade entre uns e outros (todo isto son opinións persoais, e se aceptan críticas ou comentarios co mellor dos sorrisos). Non me gustou, directamente. Creo que pretende acercarse a un momento histórico moi de moda dende hai uns anos pero lle falta forza, non tanto na historia en sí mesma, pero si nos personaxes.

Agora só me falta ler o último (ata o de agora) que saliu, "venganza en Sevilla". Xa falaremos del...

No hay comentarios:

Publicar un comentario