A verdade é que xa comecei con mal pe a miña incursión no mundo de crepúsculo. Primeiramente porque vin primeiro as películas que sairon ata o de agora: Crepúsculo (1), Luna Nueva (2) e Eclipse (3) antes que ler os libros. Están agora mesmo rodando Amanecer (4), que terá 2 partes e se estrenará a finais de 2011, creo.
Despois de ver as 3 primeiras películas tiven varias reaccións. Vou tentar poñelas por orde.
1.- As películas me pareceron dedicadas a un público moi concreto: os adolescentes. Non aparece nelas ningún dos elementos típicos dunha historia de vampiros: sangue, sexo, medo, escuridade, etc.
2.- Ai un elemento que coexiona todo, que é o amor e a protección. Isto resulta algo chocante cando a temática está tan estandarizada, como son os vampiros ou os licántropos.
3.- As personaxes me chamaron a atención, non só cada unha en particular, senón as relacións que se establecen entre eles e que están baseadas na suposta "humanidade" que logran acadar tras moitos anos de renuncia á súa verdadeira natureza de Cazadores de Humanos.
Vendo estas reaccións, nunca poría entre as 10 películas que máis me gustaron a estas 3... pero como me coñezo, sabía que non ía parar ata ter lido os libros nos que están baseados os films. Necesitaba saber máis do que aparece na pantalla, as motivacións, as historias detrás das caras bonitas e, sobre todo, si os libros tiñan tamén esa clave de unión, ese nexo que sostén toda a obra, o AMOR. E por iso, despois de ler os primeiros 4 libros, teño varias conclusións tamén:
1.- Verdadeiramente o que se ve na pantalla reflicte claramente a intención da escritora. Todo está baseado nas relacións amorosas entre os protagonistas e o instinto de protección que produce o enamoramento, ao estilo de "Romeo e Julieta", pero a moita distancia en canto a calidade.
2.- A autora aproveita os elementos da cultura popular arredor das lendas que nos atraen (vampiros, licántropos) para darlle un xiro e usalos para os seus fins. Iso non me parece malo necesariamente. De feito, a explicación que da sobre a necesidade que teñen os vampiros de evitar o sol non está mal (ainda que se pode mellorar, ao meu parecer) e podería considerarse (e ao mellor é así dentro duns anos) unha revisión do mito do vampiro. En canto aos licántropos, realmente me parece moi orixinal a súa posta en escena, ainda que realmente os que aparecen na obra non sexan licántropos propiamente, senón cambiadores de forma. Ai unha diferenza importante, xa que limita moito menos a utilización das personaxes para o que quere a autora.
3.- Os tres primeiros libros en si mesmos rematan un arco argumental sólido e con entidade propia. Sendo así, a necesidade de continuar a historia entre a humana (virxe e por enriba de todo co rol débil), o vampiro e o licántropo pareceume comercial. Pero tamén teño que dicir que me alegro de ter lido o libro 4º. En Amanecer, a autora explora un concepto que aos que nos gusta a temática escura, seguro que se nos ocorreu. E teño que dicir que o argumento do 4º libro me enganchou máis.
4.- Tanto nos libros como nas películas toda a obra ten un certo cheiro a "El Equipo A". Aquí non morre ninguén (dos importantes). Creo que esa é a peor das características da obra. Semella que á autora lle importaban demasiado as personaxes como para que lles pasara algo irremediable.... Por un lado te alegra saber que, ao final, todos son felices e comen perdices, pero por outro (o maioritario no meu caso), te defrauda iso mesmo...
5.- Teño que dicir que a autora (Stephenie Meyer) parece claramente influenciada na súa obra pola súa opción relixiosa. Segundo parece, os mormóns promoven a pureza e a abstiencia sexual como un dos medios de acercarse a Deus
En fin, haberá que ver as películas que versionan o 4º libro e pouco máis. Creo que, ata o de agora, a versión moderna dos vampiros que mellor me cadra a min é a de Anne Rice.
Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas
4/3/11
SAGA CREPÚSCULO, de Stephenie Meyer
Esta entrada está nas seguintes categorías:
CINE E/OU TV,
LIBROS E COMICS
3/3/11
ata cando?
Estes días volveu saír a polémica polos uniformes que unha compañía aérea obriga a vestir ás MULLERES que traballan na devandita compañía. Segundo parece, eses uniformes son discriminatorios pola diferenza entre os e as traballadoras/es e tamén pola imposibilidade de escoller que teñen elas.
Outra vez nos atopamos que desde as empresas (compañias aéres, hospitais privados, empresas de limpeza, etc) se intenta dar unha imaxe de igualdade totalmente intencionada, e por outro, se coarta a liberdade das traballadoras dun xeito degradante.
Como dixo un ointe do programa de radio "Hoy por Hoy", é "esgotador" para as mulleres estar a loitar ano tras ano para lograr unha igualdade que, sinto moito ter que admitilo, está lonxe de ser unha realidade social.

2/3/11
All I have to do is Dream
Segundo a revista de música Rolling Stone, esta canción está entre as 500 mellores cancións de tódolos tempos.
Por algo será....
Desfrutádea! (ainda que é de 1958 está moi vixente)
Por algo será....
Desfrutádea! (ainda que é de 1958 está moi vixente)
1/3/11
VERDADES COMA PUÑOS
28/2/11
El Perfume de Mei, de Liu Hong
Estes días tiven a oportunidade de probar e comprobar a iniciativa de intercambio de libros entre pais do colexio de Iago. Ao principio de curso fixemos unha proposta de libros que cada familia prestaría (1 libro por familia) e ai 15 días nos enviaron a listaxe de libros dispoñibles. Había que escoller 3 posibles, e nos tocou EL PERFUME DE MEI.
Sempre que leo un libro escrito por Chinos ou Xaponeses me costa un pouco entrar nese ritmo que teñen. É un pouco hipnótico, coma se o tempo significase outra cousa alí. Ademáis, as referencias culturais e de valores son diferentes ás de aquí. Por eso mismo me resultan tan atractivos eses libros. Neste caso, a temática ten algo que ver cos conflictos xeneracionais de 3 mulleres, 2 chinas que están en Londres e 1 londinense que estivo en China.
Conforme transcurre a historia, o que máis me chama a atención é que os olores son os protagonistas verdadeiros. En si mesmo o libro tampouco é que sexa unha maravilla, pero ten algo, unha sensibilidade polo desarraigo, polas "adopcións" forzosas, pola sensación de ser estranxeiro noutras terras e tamén na túa.
Pero sobre todo, os olores que recorren o libro son os que enchen de vida esas páxinas, e son os que lles dan color e volume ás vidas das mulleres que conforman a historia.
Alégrome moito de telo lido, pero teño que recoñecer que só o fixen neste momento polas especiais circunstancias nas que apareceu por casa. Ogallá teña sorpresas igual de agradables de aquí en diante!!

25/2/11
DESORIENTADO 23
O grao de violencia que podía acadar nese momento non o sabía nin él mesmo, así que Suvorov tiña a precaución de apartar aos turistas “listillos” ata a vella estación de tren. Alí, nas oficinas que e atopaban no soto (había como 10 anos que estaba pechada a estación) Suvorov poñía en marcha a súa parafernalia, o seu escenario particular. Unha mesa grande e rectangular de caoba separaba aos “acusados” de Suvorov. Sempre, sempre, sempre facía o mesmo ritual. O primeiro era sacar a súa arma regulamentaria, unha Makarov PM xa obsoleta noutros exércitos desde a caída da URSS, pero tremendamente funcional. A única pega é que si se che cae ao chan, pode dispararse, pero xa terías que ter moi mala sorte para que unha bala perdida che impactase, non? __ isto era o segundo que facía, explicarlle aos pobres e sudorosos turistas as virtudes e fallos da súa pistola. Despois xa chegaban as acusacións, sempre falsas, sobre algunha falta ou infración, que lle daba dereito non só a un interrogatorio (ilegal a todas luces) senón a un pagamento totalmente aleatorio, segundo lles vise as pintas aos pailáns.
En dúas ocasións Suvorov tivera que poñerse serio de veras. Tiña ben claro cal era o seu papel e normalmente coa posta en escena anterior chegaba para afrouxarlle os petos (e nalgúns casos algo máis, pensou con sorna…) aos incautos. Pero cando aquel americano dos collóns se alporizou coma un cabalo tolo pelexa e amenazou con non sei qué andrómena da embaixada ou do consulado (o alcohol tiña ese efecto, desfacía os recordos máis rápido do que parecía) a Suvorov se lle subiu o galo ao poxigo e meteulle a pistola na boca. Meu, o tipo mexou polos pantalóns máis rápido do que se tarda en dicir Transnistria. O peor foi que 2 meses despois tivo que envainala cando lle chegou unha citación para que, ipso facto, se presentara no estado maior en Tiraspol. Alí lle tiraron ben das orellas, sobre todo cando o presidente da comisión preguntou a causa da perda de 4 dentes do cidadán americano, pero Suvorov non é deses cans que se enrrugan cando lles alumbras, así que despois de acatar a sanción (12 meses máis no posto de control fronteirizo e unha multa de 10.000 rublos transnistrios) volveu con moitas gañas de tralla, e niso o vodka non axudou. Pero tivo mala sorte. Agardou caseque 3 semanas máis ata que chegou ela
Esta entrada está nas seguintes categorías:
DESORIENTADO (un relato por partes)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)