Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


10/2/11

DE PERROS Y DE HUESOS

Cando Zeke me pasou este cómic, tiña un brillo especial nos ollos e dixo a súa frase, a que precede a unha grande historia: "Este es bueno". Normalmente todo o que me pasa é bo, pero tamén é certo que ás veces os nosos gustos non coinciden todo o desexable. Enriba, como ai confianza, podémolo dicir sen problemas, así que ás veces o que facemos é "discutir" do xeito de: _ pois a min me gusta_pero non ves que ainda que teña ese debuxante, o guión non se sostén_pero que dis do guión, si precisamente a min o debuxante non me gusta...

En fin, que collín o cómic e marchei para casa (de meus pais, ese día tocaba comida familiar). Cando o collín pola noite, vin que "De Perros y de Huesos" é a primeira obra dun autor, COLO, e que gañou a 2ª edición dun premio organizado por unha editorial potente española.  Iso tampouco di nada a priori, só que houbo unha selección. Pero todos estes prexuízos que teño eu (tería que revisalos nalgún momento) para os "elixidos" por un xurado (da igual si o concurso é para escribir unha obra de teatro, un cómic ou un graffitti) se viñeron abaixo en canto comecei a lelo.

Este cómic é caralludo. Punto. De principio a fin. E ademáis estou de acordo coa contraportada, onde dí que son 8 historias que se entrelazan nos barrios máis desfavorecidos da nosa capital (Madrid). Pero é máis que iso. É un pedazo de vida moi verosimil de 8 persoas, que queda atrapada nas páxinas do cómic grazas a un debuzo sinxelo e áxil e que cobra vida grazas a uns diálogos (internos e externos) moi traballados e por iso mesmo, moi frescos e aparentemente sinxelos.

Non sei se lerei algo máis do autor, pero ten a miña admiración polo que xa fixo. Excelsior!!

9/2/11

GARBO, o espía que salvou ao mundo

Ademáis de The Cove, tiña na cabeza ver outro documental do que oín falar xa no  ano 2010 (que quedou atrás hai pouco). Se titula "Garbo, o espía que salvou ao mundo". Precisamente sen ter a intención concreta de que fose este finde o elixido, o domingo pasado o puxeron na 2 de TVE e o puiden ver. Moitas veces se di que as películas de espías son moi retorcidas, con idas e voltas, con enganos e reclamos, pero tamén se di, e neste caso é certo, que a realidade supera moitas veces á ficción.

Garbo foi o nome en clave que o MI5, o servizo segredo inglés lle deu a Joan Puyol, un home con profundas conviccións antifascistas que tentou ser espía inglés, máis ao ser rexeitado, ofreceu os seus servizos aos alemáns, para de novo volver a ofrecerse como axente dobre. Ao ser aceptado desta volta, comezou unha labor inxente de creación dunha rede de espionaxe (ata 22 supostos informadores emitian informes e noticias contrastables), supostamente leal a Alemaña, desde Gran Bretaña. O que realmente fixo foi que os alemáns creran tódolos seus informes e lle fixeran caso, de modo que o que os ingleses e aliados podían facer os seus plans contando coas reaccións do exército alemán aos informes de Garbo.

O summun desta historia (e da historia recente da humanidade en Europa) foi que Garbo logrou convencer aos alemáns que o desembarco en Normandía (data e lugar clave para o que se transformou na derrota nazi da 2ª guerra mundial) era só unha maniobra para distraer ao exército alemán, e que o verdadeiro desembarco se produciría en Calais, a 250 km ao N. Isto permitiu que o alto mando alemán (existen incluso informes de Garbo revisados por Hitler) desviase a meirande parte das tropas hacia Calais, polo que o exército aliado puido comezar a reconquistar Francia e acelerar o final da guerra.

Garbo é un dos pucos homes que recibiron as condecoracións de guerra dos dous bandos, a Cruz de Ferro Alemá e a Orde do Imperio Británico.
----

8/2/11

Ain´t no mountain high enough, de Marvin Gaye & Tammi Terrell

Ainda que a canción xa ten os seus anos, eu non a coñecín ata que unha operadora de telefonía a usou na súa campaña publicitaria (afortunadamente para os que vemos anuncios, ás veces temos estas xoias como recompensa). Hai outra versión cantada pola fantástica Diana Ross, pero aquí vos deixo a que cantou a parella orixinal.

Desfrutádea!


7/2/11

REDES, de Eduard Punset

De xeito intermitente vexo o programa REDES desde hai moito tempo. O malo é que (nisto coma en moitos ámbitos da miña vida -sic-) nin son constante nin períodico na miña inconstancia, polo que poden pasar meses de emisión sin que o vexa. Isto non é óbice para recoñecer o enorme valor didáctico e divulgativo do programa e do seu director, Eduard Punset.
Redes é un programa que emite a 2 de TVE e que tenta presentar os coñecementos científicos dun xeito ameno e entretido. Creo que un dos valores do programa é a figura do seu presentador e director, un home que pode resultar agradable ou non, pero ao que lle hai que recoñecer a súa paixón pola ciencia e polo coñecemento e a súa divulgación.
No programa de onte mesmo, nun momento da entrevista que lle estaba a facer a un matemático, Punset dixo que despois de moitos anos de docencia, descubrira que si non é capaz crear curiosidade e de entreter ao alumnado, xa lles podes contar maravillas, que non funcionará. E creo que acerta nesa premisa. Para aprender non é preciso divertirse (só hai que botarlle unha ollada ao sistema educativo que tivo a miña xeración), pero si eres capaz de divertirte mentres aprendes, creo que aprendes máis e mellor.
Na web do programa tedes o arquivo de vídeos dos programas anteriores. Creo que poden ser moi interesantes (terei que ir vendo caseque todos... maldita inconstancia!)

5/2/11

EL VERANO DE KIKUJIRO, de Takeshi Kitano

Nalgún momento da miña vida teño que revisar o feito de que me chegan antes ás máns as Bandas Sonoras Orixinais (B.S.O) das películas que vexo os films. Este caso ten o agravante do tempo. O tempo que transcorreu desde que escoitei por primeira vez a música de Joe Hisaishi (que lembra moitísimo a o grande Michael Nyman de "El Piano") e quedei prendado da luminosidade que desprende e cando por fin puiden ver o filme (El Verano de Kikujiro) foi nin máis nin menos que de case 6 anos. (6 anos!).
Pero non creades que só escoitei un par de veces a devandita B.S.O. Non, non, a música convertiuse en parte da miña vida. Pero ao final vin a película e non me defraudou nada. Xa son varias as veces que, ao ver a película tendo na cabeza a música, sucede que todo entra como moito máis adentro.
Nesta película Takeshi Kitano, ou Beat Takeshi, como foi coñecido polo dúo humorístico co que comezou ai moitos anos, se alonxa dos films aos que nos tiña acostumados e crea unha historia chea de sensibilidade e tamén (ao meu parecer) unha transposición de papeis entre os dous protagonistas, a viaxe infantilizadora de un e a maduración por medio da viaxe do outro.

Moi recomendable.
Aquí vos deixo un vídeo do autor da música, Joe Hisaishi (creo que se recoñece a miña debilidade...)

4/2/11

REVOLTAS NA CASA DO VECIÑO

Parece que agora mesmo están saíndo coma champiñóns un monte de expertos sobre a situación política de Yemen, Exipto ou Tunicia. Eu desgrazadamente non son deses, e non tiña nin idea sobre as situación política, as eleccións, o tipo de réxime ou os líderes deses países.
Teño que recoñecer que o nome de Hosni Mubarak me leva soando desde que oín falar de Exipto, pero é normal, teño pouco máis de 30 anos (por dicilo dun xeito moi positivo) e este home parece que leva o mesmo tempo sendo o xefe de goberno dese país.
De Yemen non teño nin idea e a Tunicia tiña pensado viaxar algún ano destes, pero pouco máis.

O que é certo é que agora milleiros de persoas están a loitar para acadar un cambio de goberno e, sobre todo, un cambio social e de dereitos (e polo tanto, de futuro) nestes 3 paises veciños. Pero non teñen nada que ver os métodos de protesta aquí e alí. Meus, alí morre xente por dicir o que pensa. E non é xente radicalizada nin disposta a morrer polos seus ideais. Non, é xente desesperada e que non soporta máis a situación. Que quere un cambio. Ogallá o consigan.