Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


4/10/11

INSTINTO PATERNAL

Escoitei estes días unha reportaxe (na radio) na que se indica que se demostrou recentemente que os niveles de testosterona nos homes varían ao longo do tempo, disminuindo notablemente naqueles suxeitos que teñen fillos. Co paso do tempo se volven recuperar eses niveis, pero o chamado instinto paternal deixa de ser só unha idea para converterse nalgo demostrable científicamente.

Penso eu; está moi ben demostralo, pero creo (corro un certo risco de equivocarme, pero aínda así paga a pena dicilo) que calquera que fose pai, hai pouco ou moito, se decata do que cambia a túa concepción da vida, das prioridades que ata ese momento che parecían claras e de súpeto se reordenan doutro xeito que xamáis concebiras.

Creo que tampouco fai falla ter fillos para ter instinto paternal. Pódese ver claramente cando a un lle dicen: "Que neneiro eres" ou algo semellante. Ou cando te decatas que levas un rato entretendo a unos cuantos rapaces nin se sabe cómo, xa que tampouco serías capaz de repetilo. Pódese confundir co de ter un carácter infantil ou inmaduro, pero non é o mesmo, nin moito menos.

Só hai que ver a seriedade coa que xogan os nenos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario