Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


14/10/11

Eye Os Open Source

Xa oira falar do choio da Nube, pero non me decidín a poñer nada aquí ata ter algo concreto do que falar. Hoxe o teño. Falo da admiración que sinto por xente como Pau García-Milá, que desenvolveu o sistema operativo Eye Os. Qué é EyeOs?

Unha vez que o concepto vai entrando na miña obtusa cabeciña, vexo que o interesante disto ademáis das posibilidades informáticas e de comunicación e seguridade que ten para o futuro, é a incrible capacidade do autor, do responsable da idea, de converter iso, unha idea, en algo real. Iso é o que me ten maravillado.

Vin estes días unha entrevista que lle fixeron, por mor da saída dun libro que publicou recentemente. "Está todo por hacer" Creo que nestes tempos que corren, o feito de sairse dos camiños marcados pode ser a clave do éxito. É difícil, pero pode funcionar....



Para descargar a versión open source de EyeOs aquí vos deixo o enlace.

É moi posible que nuns anos tod@s traballemos con algo semellante a isto...

Verémolo!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario