Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


17/10/11

Área 51. Mito ou realidade??

Non teño moi claro a onde vou ir parar con esta entrada, pero tiña moitas ganas de saber(ata onde poida) sobre a Área 51 e o incidente Roswell. Pode que isto non leve a nada, pero como a curiosidade é o que me move, alá imos...

Ata onde eu sei, a Área 51existe xeográficamente. Xa non está tan claro para que serve. É sóamente unha base militar de EEUU ou se aproveitan esas instalacións remotas para outras cousas?

Polo que parece, hai dúas correntes de teorías. As realistas e as que non o son. Dependendo do que ti teñas na túa cachola, crerás máis unhas ou outras. Eu son máis de teorías conspiradoras, extraterrestres, encontros na 3ª fase e demáis, polo que estas publicacións pseudocientíficas me atraeron desde sempre. Así que tomemos por un momento a hipótese dos pro-ufos e pensemos que dentro desa base se gardan os restos dunha nave extraterrestre estrelada no ano 1947 no deserto de novo méxico, ademáis de varios cadáveres de aliens...


Qué facer con iso? Oficialmente hoxe en día (ano 2011) o goberno de EEUU non admite nada sobre o feito ovni. De feito o incidente roswell se pode explicar como parte da política de espionaxe e da guerra fría que mantiveron enfrontados aos dous grandes estados, EEUU e a antiga URSS.

Pero para os que, coma mín, cremos que é imposible desde o punto de vista científico e estatístico que esteamos sós no universo como forma de vida, esta temática sempre terá un público...

No hay comentarios:

Publicar un comentario