Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


22/9/11

DESORIENTADO 29


Suvorov non daba creto ao que vían os seus ollos. Desde o seu posto, á sombriña (como correspondía ao seu cargo), aquel xoves tiña todas as trazas de converterse nun fodido día aburrido e sen acción. A Suvorov lle gustaban as películas de acción. Unha das súas actividades favoritas era visionar os films de Steven Seagal e Chuck Norris. Vaia ondanadas de ostias metían os tipos!! Diante do espello carcomido pola silicona áceda coa que o pegara á parede (merda de chino que lla vendeu) adoptaba posturas e rictus das súas personaxes favoritas. Era un dos segredos que gardaba. Non o peor, nin moito menos, pero se alguén no corpo se enterase do moito que lle poñía andar espido (agás os calcetíns) co cinto e a pistola regulamentaria mentres ollaba para si no espello, a súa exígua autoridade (mantida na súa maior parte por medo) non aguantaría moito máis.
Una muller, unha mullerona, das que lle gostaban a Suvorov, apareceu  soa polo posto de garda. Era grande toda ela, pero as súas cadeiras e o pandeiro se vían imponentes. Mentres se erguía, Suvorov relameu os beizos. Unha muller soa! Suvorov mandou aos dous oficiais que estaban ociosos a revisar o inventario de munición na caseta que se atopaba a uns 500 m do posto de garda. Mi madriña!! Como me vou poñer! Axustou o cinto e atusou o bigote graxumento mentres se poñía o sombreiro regulamentario.
E saíu a esperala.

1 comentario:

  1. ¿ondanadas de ostias?
    Vas ter que pagar os dereitos de autor.:-D

    ResponderEliminar