Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


22/9/11

Censura na TVE??

Onte día 21 de setembro o consello de administración de RTVE, formado por representantes dos grupos políticos maioritarios e tamén por sindicatos, votou unha reforma pola que se podería ter acceso aos ordenadores dos redactores/as e ver a información ANTES de que se publique.

A proposta partiu do grupo do PP, pero é que o PSOE e un dos sindicatos se abstiveron, polo que a norma foi aprobada. Só botou en contra da medida IU e UXT.

Na miña humilde opinión, poden chamarlle como queiran, pero vendo a posibilidade de que en 59 días nos goberne, previsiblemente por maioría absoluta o PP, isto é preparar o camiño para unha CENSURA na TV pública.

Ao tempo....

2 comentarios: