Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/9/11

cociña con....fusión

Din que temos os mellores cociñeiros do mundo.
E que están creando escola en grande parte da sociedade . E tanto... O outro día estaba invitado a comer na casa duns amigos. Á hora do almorzo á beira da piscina, a muller, que é moi moderna e entendida, entre outras posibilidades me ofrece: UN CONSOMÉ MOI FRÍO DE CEBADA TOSTADA AO CHEIRUME DE LÚPULO CON FROITIÑOS DE OLIVO AO AIRE DO ATLÁNTICO. ¿Quén non peca ante esta suxestión?
 
Ben, pois me serviron: *Unha puta caña de cervexa con aceitunas recheas de anchoas.*

No hay comentarios:

Publicar un comentario