Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


3/2/11

Ciclon Yasi, Australia

A chegada deste ciclón de nome YASI a terra está prevista para a noite do 2 de febreiro de 2011. Tocará terra no estado de Queensland (que nome máis bonito), ao norleste de Australia. O ciclón se orixinou no Mar de Coral e agora mesmo está catalogado con categoría 5 (a máxima que se pode ter). Os meteorólogos predicen que cando toque terra, os efectos poderían ser similares ao Katrina que deixou Nova Orleáns totalmente descangallada.
Encima (as desgrazas nunca veñen soas, dicía a miña tía...) este ciclón chega ao mesmo estado que ainda non se recuperou das graves inundacións que se produciron nas pasadas semanas e que deixaron 35 mortos.

Os ciclóns tropicais se producen en 7 rexións no mundo e a súa formación aínda está a ser estudiada, pero se consideran 6 factores como necesarios para a súa formación (ás veces non se dan os 6 factores e tamén se forman ciclons):
  1. Temperatura da agua de alomenos 26,5 °C ata unha profundidade de alomenos 50 m. As augas a esta temperatura provocan que a atmosfera sexa o suficientemente inestable como para soster convección e tormentas eléctricas.[1]
  2. Enfriamento rápido coa altura. Isto permite a expulsión de calor latente, que é a fonte de enerxía nun ciclón tropical.
  3. Alta humidade, especialmente nas alturas baixa a media da troposfera. Cando ai moita humidade na atmosfera, as condicións son máis favorables para que se desenvolvan perturbacións.
  4. Baixa cizalladura vertical. Cando a cizalladura vertical é alta, a convección do ciclón ou perturbación se rompe, desfacendo o sistema.
  5. A distancia ao ecuador terrestre. Permite que a forza de Coriolis desvíe os vientos hacia o centro de baixas presións, causando unha circulación. A distancia aproximada é 500 km ou 10 grados.
  6. Un sistema de perturbación atmosférica preexistente. O sistema debe ter algún tipo de circulación como centro de baixas presións.
Veremos cómo se vai desenvolvendo a situación...

2/2/11

JOHN BARRY, B.S.O. con maiúsculas.

O 30 de xaneiro será un día que recordaremos aqueles que nos gustan as B.S.O (Bandas Sonoras Orixinais), xa que nos deixou John Barry, un músico autor dalgunhas das B.S.O máis señeiras, como por exemplo:

- Memorias de África (Óscar á mellor B.S.O.)
- Serie de films de James Bond
- Nacida Libre (déronlle o Óscar á mellor B.S.O.)
- Cowboy de Medianoite
- King Kong
- O León en Inverno (Óscar á mellor B.S.O)
- Bailando con Lobos (Óscar á mellor B.S.O.)

Ao mellor o nome non vos soaba, pero vendo esta listaxe das (ten moitas máis Bandas Sonoras) películas ás que lles puxo música, é normal pensar que o mundo do cine acaba de perder a un dos grandes.

Aquí vos deixo un fragmento da B.S.O (que fastidio ter que escribir sempre B.S.O)de Memorias de África. Persoalmente creo que neste caso, a música axuda á película a facela inolvidable.

Desfrutádea!

1/2/11

AZULOSCUROCASINEGRO, de Daniel Sánchez Arévalo

Mentres escribo esta entrada me decato de que formo parte desa (minoritaria?) colectividade que se senta diante da televisión o sábado pola noite e espera que o programa de "Versión Española" o sorprenda cunha película. E de novo me pasou esta semana.

Azuloscurocasinegro, opera prima de Daniel Sánchez Arévalo, é unha película que pode gustar ou non. O digo porque non pasa nada espectacular, nin se desvela un segredo histórico nin ai acción e/ou tiros, pero o interior do protagonista explota en caseque cada escena e demostra de forma moi evidente que no noso mundo interior, cada día suceden miles de cousas ainda que os demais te vexan tranquiliño, sentado na túa cadeira.

Non vou desvelar nada do argumento, pero ainda que punto por punto non se parece en nada á miña historia persoal, si que é certo que enseguida me sentín identificado co protagonista. E tamén co final da película (tampouco se parece en nada á miña historia).

No fondo de todo, o que saquei en conclusión é que chega un momento en que para poder vivir a túa vida, a que queres, tes que dar un pasiño. Pode ser un gran paso (e un gran cambio) ou, a maioría das veces (como foi no meu caso) un paso case imperceptible, nada, un pequeno pasiño que o que fai é permitirte tentar tomar tí as decisións na túa vida.

Me quedo con iso. Unha frase que lin ai tempo dí: "Ata as grandes máquinas deixarían de funcionar se non fose grazas ás pequenas rodiñas que fan que funcione a engranaxe".

31/1/11

NEN@S ROUBAD@S EN ESPAÑA

Estes días a noticia está en boca de tod@s. Os nen@s roubad@s do franquismo seguiron a ser roubados e vendidos posteriormente, entre a década dos 70-80 e incluso 90.

Os casos que escoitei son estarrecedores. Nais que ían parir e cando se decataban lles dixeran que o seu fillo/a morrera. Ao mesmo tempo, na sala de espera do hospital (case sempre o mesmo hospital e coa mediación do mesmo médico) unha parella agardaba a que unha enfermeira lles trouxera un neno/a que, polo que parece, non era desexado polos seus pais biolóxicos. Eso no mellor dos casos, xa que se denuncian ventas de nenos/as por valor de entre 50.000 ptas. e 1.000.000 ptas.

Semella unha película de terror, pero o peor é que cando se prenden as luces, a película non remata.

28/1/11

DESORIENTADO 20


Imaxinade un tubo de cartón, como o que se usa para gardar carteis grandes, por exemplo. Agora imaxinade que introducides, desde fóra do túbo hacía adentro, por toda a superficie e sempre coa mesma inclinación un milleiro de alfinetes. Así atoparan o corredor que se dera en chamar “O Rallador” a primeira vez. Pero, ao ser de aragonito as helícticas, o diámetro de cada unha delas non chegaba a 1 milímetro  simplemente pola calor desprendida polos equipos, todas as concrecións do teito do corredor comezaron a desprenderse de xeito encadenado. Foi un auténtido desastre. Nin sequera quedou rexistrado nas cámaras de vídeo que levaban. Conforme se foron introducindo no tunel, o efecto que se producía nas concrecións semellaba á repulsión magnetica entre dous polos do mesmo signo. Ao chegar ao fondo do tunel e ollar cara atrás, a visión cambiara totalmente. O corredor estaba despexado salvo por unha fina capa de po branco depositado no fondo. Miles de anos destruidos nun intre. Calquera espeleólogo tería un ataque de ansiedade. Probablemente salvo a gruta de “El Soplao” en España (que Nina visitara antes da súa apertura ao público en 2005, en calidade de coordinadora do equipo multidisciplinar de espeleólogos que fixo a cartografía subterránea dos últimos 8 km descubertos de túneis) o corredor polo que acababan de pasar (e destrozar, de paso) era único no mundo.
Ás veces custa moito tomar decisións. Outras, coma ésta que lembraba “A turbina” viñan sobrevidas polas circunstancias. As características físico-químicas do aragonito (CO3Ca) o fan inestable cando existen variacións ambientais e a formación de excéntricas desde polimorfo da calcita son moito menos comúns que as de calcita e polo tanto, moito máis valiosas.
Pero neste caso, a presenza do equipo fixo que nin sequera houbese unha pausa para decidir si seguir ou non.

27/1/11

EL CAPITÁN ALATRISTE, de Arturo Pérez-Reverte

Parece mentira que haxa xa tanto tempo que comecei a ler a serie de libros de "EL CAPITÁN ALATRISTE" de Arturo Pérez-Reverte. Debeu ser polo ano 1996-97, cando saiu o primeiro libro. Xa daquela me gustou moito o estilo que se utilizaba para contar a historia desde o punto de vista dun soldado veterán no Madrid do século de Ouro.

Naquel momento non tiña nin idea que detrás desta primeira novela, á que seguirían varios títulos máis (ata o momento hai 6 aventuras do capitán alatriste publicadas) estaba a intención de contar diversos aspectos desa parte da historia de España (artes, política, navegación, etc) na que o imperio español tentaba manter a forza ao longo de toda a súa extensión, sen conseguilo, como cabía supoñer.

Os títulos dos libros que ata o de agora teñen saído son os seguintes:
  1. El capitán Alatriste (1996). Ilustrado por Carlos Puerta.
  2. Limpieza de sangre (1997). Ilustrado por Carlos Puerta.
  3. El sol de Breda (1998). Ilustrado por Carlos Puerta.
  4. El oro del rey (2000). Ilustrado por Carlos Puerta y Joan Mundet.
  5. El caballero del jubón amarillo (2003). Ilustrado por Joan Mundet.
  6. Corsarios de Levante (2006). Ilustrado por Joan Mundet.
Parece que o autor ten previsto sacar alomenos 3 libros máis:
  • El puente de los asesinos
  • La venganza de Alquézar
  • Misión en París

Se fixo tamén unha película "Alatriste" sobre os libros, na miña opinión resultou fatal, xa que se tentou condensar todos os libros do capitán alatriste nun só film e tamén se deu información sobre o final da historia que ainda non está publicada (en descargo dos guionistas, teño que dicir que xa desde o primeiro libro se anuncia varias veces cómo remata a historia).

O caso é que os libros resultan moi sinxelos de ler, con moita acción e moito mal xenio (por dicilo suavemente) e tamén se descobre nesta serie que o que máis lle gusta ao autor, segundo me parece a mín, é utilizar todo ese vocabulario específico de insultos e frases malsonantes, con esa retórica cainita e chea de inquina e mala intención que segundo parece, caracterizaba a época. Época na que, como di o autor, a xente de mataba por un "quitame de ahí esas pajas" e na que os duelos dialécticos (por exemplo entre dous grandes poetas do Século de Ouro como Quevedo vs. Góngora) remataban, ás máis das veces en duelos á espada ou mosquete.

En fin, que os libros se deixan ler con facilidade e están ben feitos. Paga a pena sumerxirse un ratiño nesa época a través da mirada de Íñigo Balboa, o paxe do Capitán, que é quen conta a historia e os feitos que se suceden.

Tamén teño que dicir que o último libro que saiu, Corsarios de Levante, remata dun xeito algo abrupto, ao meu parecer facendo uso do Deux ex Machina dun xeito que ata o de agora, nas obras de Pérez-Reverte non atopei (polo menos conscientemente).

Ogallá o seguinte libro que se publique teña un fío máis suave. Verémolo!!