Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


18/4/12

V RAID ODISEO (ORDES, 14 DE ABRIL)

Durante toda a semana recei (é un dicir....) para que non chovese, pero non tivemos sorte. Por un lado, dada a miña pouca experiencia, facer un raid nas condicións meteorolóxicas que tivemos foi un fito. Por outra banda, sufrín que nin o demo para rematalo.

Antes de nada, agradecer a Sandra a súa inestimable axuda, non só anímica (que boa falta fixo) senón que na sección de trekking que fixo, foi tirando sempre diante. Está feita unha suída!!

Na 1ª sección, que era un ROGAINE (ata este momento eu non oira este palabro, pero ven a dicir que tes que coller, nun tempo concreto, o maior número de balizas), saímos Iván e eu, e non nos foi mal. Fixemos 1 baliza máis das máximas (obtivemos bonificación de tempo) e saímos rápidamente na primera transición da bici.
Como en Xermade chegamos a perdernos e perder (de paso) un monte de tempo, esta vez fumos máis concentrados (e máis lentos), pero chegamos ao final da sección, que era o importante. O malo foi que pecamos de conservadores e perdimos bastante tempo.

Na 3ª sección volvo a remarcar a actuación de Sandra, xa que eu (que levaba dúas seccións seguidas) apenas podía camiñar ao principio do trekking polos calambres. Pouco a pouco foime pasando, e puidemos facer un trekking digno e recortar tempo.

Na 4ª e última sección, de BTT con chegada a meta 15 minutos antes do peche (20:00 h) fomos máis rápidos e confiados, pero creo que temos que mellorar moitísimo nestas seccións (btt)...

En resumo, un raid moi difícil polas condicións do tempo (chegou a granizar nalgún momento. Os grajos xa non voaban baixo, ían camiñando....) pero no que eu, particularmente, tiven boas sensacións; polo menos, este raid o rematamos e tivemos a sensación de poder exprimir algo máis (nas seccións de bici, sobre todo).

No hay comentarios:

Publicar un comentario