Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


22/4/12

RAMADÁN (The Sandman), de Neil Gaiman

Estes días ando relendo The Sandman, de Neil Gaiman. Algunhas das historias están a piques de cumplir 20 anos (20 anos!!!!) pero como sucede en ocasións, continúan de actualidade hoxe en día.

Se podería dicir que son eternas, como a familia "normal" da que Neil Gaiman escribiu. O que me chamou a atención desta historia, ademáis da súa actualidade e do guión, foi a forma de plasmalo do debuxante. Tes a sensación de que realmente te estás metendo nesa Bagdad dos contos de "As mil e unha noites", esa cidade lendaria que foi o centro do mundo. Craig Russell acada dun xeito que pode semellar casi insultante un refinamento da escena, un detalle do entorno e un tratamento das personaxes que fan que teñas gañas de que continúe a historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario