Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


7/4/11

Indignación

Estou cabreado. Moi cabreado. E tamén estou decepcionado e indignado. A administración (á que pertenzo) é un enorme monstro informe e deshumanizado, materializado en forma de expedientes, de oficios, de informes e recursos, de papeles, en fin, que fan que se perda todo contacto entre a administración e os administrados.

Estou afeito a que entre xente pola porta e me pregunte dúbidas ou se queixe por algunha accion. Non me importa ese contacto directo cos "clientes" e ainda que despois se materialice o resultado da solicitude en forma de oficio máis ou menos personalizado, teño na cabeza a cara da persoa ou persoas que fixeron a solicitude ou a queixa.

Teño a sorte de traballar con "clientes" que non precisan tratamentos de saúde ou económicos. Pero cando estou do outro lado, do lado dos solicitantes, me gustaría recibir o mesmo trato. Sei que é moi inxusto xeneralizar as actitudes ou a forma de resolución dun expediente e non ter en conta ás persoas que están detrás, coma mín, escribindo esas resolucións, pero cando suceden cousas como a seguinte, me indigno enormemente.

A miña avoa padece Alzheimer nun grao que impide toda comunicación co mundo externo, agás por contacto físico, cando lle das a mán, por exemplo, e a apreta. Quitando iso, semella que lle da igual estar aquí ou alá. Non se vale por si mesma en ningunha das tarefas básicas da vida diaria (lavarse, peitearse, vestir, etc). Está cualificada como dependente en grado III (o maior nivel de dependencia). Por cuestións alleas á nosa vontade, non podemos tela en casa con nós, e ademáis de ter concecido o recoñecemento de dependencia por parte da Xunta de Galicia (desde o 2007 que se solicitou, chegou concecida a finais de 2010) foi ingresada nunha residencia privada, pagando un pastón porque estea atendida o mellor posible.

Ademáis diso, se solicitou unha praza pública nas residencias dos arredores, restrinxindo as opcións. Pero agora, despois de un montón de tempo, nos outorgan unha residencia lonxe da casa. Gratis, cuidado! pero lonxe de nós. O peor de todo é que che dicen que si renuncias á praza, perdes o dereito, e terías que solicitar de novo a dependencia para volver a entrar na listaxe.

Entón, tes que tomar a decisión de mandar  á túa avoa lonxe da casa, reducindo as posibilidades de ir a vela, ou renunciar a unha praza gratis, despois de 3 anos de solicitudes, resolucións, aportación de inxentes cantidades de informes médicos, facturas, certificados e toda clase de documentación que se lles ocorra pedirlles para xustificar o libramento de fondos.

Pois me nego a  enviar lonxe a miña avoa, ainda que non me recoñeza (aparentemente, xa que non se sabe o que é capaz de percibir). Me nego a renunciar á "axuda" que nos concedeu grazosamente a insigne administración e por iso tentaremos que non se faga efectivo o ingreso "voluntario" nese centro lonxe de nós.

Seguiremos informando...

1 comentario: