Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


19/6/10

José Saramago

Hoxe finou José Saramago, o escritor portugués que dende hai algúns anos residía en Lanzarote. Ao mellor por iso case me parece que, ainda que fose de nacionalidade portuguesa, hoxe se apaga unha estrela da literatura hispana. Ou pode que sexa pola proximidade a Portugal que hai dende aquí; non sei, o caso é que hoxe teño que afacerme á idea de que non haberá máis libros novos de José Saramago.

87 anos e unha vida dedicada a escribir teatro, poesía, novela, ensaio... Escribir como fío conductor da vida e tamén como áncora da mesma. Escribir ata o final, como dixo hoxe unha das dúas editoras; estaba a escribir actualmente.

Unha amiga miña me dixo hai algún tempo, non sin certa fachenda: "Antes de que Saramago fose coñecido en España eu xa lera algo seu". Sorte a súa, pero, que é mellor, ler primeiro ou ler, simplemente ler, e coñecer ou alomenos tentar coñecer ao home detrás do escritor, ao home que pariu eses libros tan aparentemente sinxelos de ler e tan complicados de escribir.

Ao coñecer a nova hoxe, lembrei o seu libro "As intermitencias da Morte". Por qué houbo tan mala sorte que a morte precisamente hoxe está traballando? Podería haber coincidido perfectamente este día cunha intermitencia das súas... pero, claro, tamén pode ser que a morte, vendo a quen tiña que recoller hoxe, puxera as súas mellores galas. NOn tódolos días se recibe a un grande da literatura.

Saramago nunca ocultou o seu ateismo. Formou incluso parte do partido comunista portugués. Pero tamén dixo que só por egoismo quería vivir, xa que a morte, para él, era: "agora estás e, de súpeto, non estás".

No hay comentarios:

Publicar un comentario