Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


1/6/10

DESORIENTADO 9


Baixando pola entrada do burato no cha, Nina considerou moi seriamente o que sucederá na sala de control. O suxeito “espertara” 48 horas antes do previsto. Дерьмо! E pensar que estivemos a punto de acadar o obxectivo! Foi unha mágoa que se estragase tan preto do éxito. Non lle quedaban máis que 36 horas antes de que os xefazos chegasen, agardando resultados. Na última incursión ata o fondo do pozo pasou algo, algo que a turbina non era quen de albiscar... por iso tiña que baixar de novo, para ver  cómo andaba o resto do equipo.
Deixándose deslizar polos cabos, Nina foi descendendo pola sima, ao principio ía de fronte, de cara ao burato, xa que a inclinación era moi suave. Por esa razón fora escollida esa entrada  para facer enriba dela o pavillón flotante. Precisaban discreción para poder entrar e sair sen ser vistos e esta entrada facilitaba e moito meter todo o equipo baixo terra. Moldavia sempre se caracterizou por ser “aparentemente” afin ao réxime, pero dende a caida a U.R.S.S. (e aqui Nina mostrou as dúas enrugas que se lle poñían no entrecello sempre que matinaba nalgo triste) Moldavia, esa pequena república entre Romanía e Ukraiña, sen interese estratéxico nin económico (ata agora) estivo navegando soa á deriva, fóra da Unión  de Repúblicas Soviéticas e fóra tamén da Unión Europea, esa especie de intento de amalgama económica, que non política, sen éxito de continuidade. A U.E non quería (non lle interesaba) un país paupérrimo, con altas taxas de corrupción e desemprego, sen tecnoloxía nin recursos naturais explotables. Á U.E. necesita socios fortes, con recursos. De feito, non terá futuro se continua aguantando socios como Grecia, Portugal, Italia ou España. Pero ese non era o problema de Nina. A ela sempre lle dera igual onde estivese integrada Moldavia. O que quería era ter recursos económicos para desenvolver o seu proxecto vital.

No hay comentarios:

Publicar un comentario