Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


25/6/10

A Almadraba. Xa me gustaría ir a min...a ver, claro

 
Vin hai un tempo un documental sobre a almadraba. Esta técnica de pesca é típica do mediterráneo para a captura do atún vermello. Est técnica, a almadraba (do árabe andalusí almadrába, lugar onde se golpea ou loita) é unha das artes para a captura do atún empregada en Andalucía, Comunidade Valenciana, Murcia e Ceuta aproveitando a migración de atúns Atlántico-Mediterráneo (e volta) que se utiliza dende tempos prerromanos. Consiste en instalar un labirinto de redes no paso dos atúns, que normalmente se sitúa preto da costa. En Sicilia o método denomínase tonnara (atunara).

A almadraba é a pesca de atún, a tradicional consiste en dous barcos e entre eles unha rede somera ou suxeitada cunha palangrana na que recollen os peixes, atúns e outros que poidan caer. Grazas a que ata que soben ao barco seguen vivos, no acto pódense seleccionar e descartar as pezas pequenas ou inútiles. Entre os barcos e sobre a rede baixan os pescadores máis experimentados que se dedican a seleccionar os atúns que poden pesar uns 200 quilos. Desángranos e logo os seus compañeiros sobre o barco crávanlle arpóns e entre tres ou catro homes sóbeno. Unha vez sacados os atúns séguese coas especies menores.

Aquí vos poño 2 videos, un moi antigo e outro do programa de Cuatro "Callejeros". Probablemente entre eles disten 40 anos... pero as cousas máis ou menos se fan do mesmo xeito.

Desfrutádeo!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario