Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


12/12/13

Calcetíns de lana estilo MILA

Calcetins de lana estilo MILA

As medidas que poño a continuación dan como resultado unhos calcetíns da talla 38-40 (Europa). As agullas que se usan son pequenas, de tamaño 3. Usaremos 4 agullas, normalmente 3 delas con puntos collidos e repartidos, e a 4ª agulla, para ir calcetando...


PASO 1: montar 60 puntos repartidos en 3  agullas pequenas e facer entre 15_18 voltas de elástico, 3 ptos dereito e 3 puntos revés. Con isto facemos o elástico.

ELÁSTICO


PASO 2: despois das 15_18 voltas, continuar todo o rato con punto do dereito ata un total de 15 cm (ollo, non 15 voltas, senón 15 cm!!). Despois deixar 21 puntos (aprox. 1/3 do número de puntos iniciais) nunha agulla sen calcetar (Descansando) e continuar calcetando os 39 puntos (2/3) restantes 1 volta ao dereito e unha volta ao reves durante 20 voltas.

PASO 3: repartir os 39 puntos en dua agullas. Deixar 10 a cada lado sen calcetar e ir menguando cos 19 restantes (do centro hacia os lados) do seguinte xeito. Na volta do dereito, calcetar 28 puntos. Cando falten 11 para rematar a volta (10 na agulla sen calcetar), pasar 1 punto sen calcetar, calcetar o seguinte (que está na agulla dos que descansan) e pasar o anterior por encima. Dar a volta e deixar 9 descansando. Na volta do revés, calcetar 28 puntos normal, e cando falten 11 para rematar, calcetar 2 puntos xuntos do revés. Asi vai formando o talón. En cada volta, quedará 1 punto menos en cada un dos extremos (10 puntos en cada extremo na volta 1, 9 puntos en cada extremo na volta 2, etc)



PASO 4: cando xa non queden puntos de menguar dos 39 (2/3) iniciais, deberian quedar 19. Agora hai que coller os puntos por cada lado ata chegar aos 21 puntos que deixamos sen calcetar arriba. Con isto lograremos facer o comezo do empeine, para pechar o círculo. Temos que coller os hilos dos puntos dos lados, todos xuntos, e imos calcetando ata completar 1 volta tendo as 3 agullas en redondo de novo. Dependendo das voltas que fixesemos, deberiamos ter ao final un circulo de algo mais de 60 puntos. Agora temos que estreitar algo a curva do empeine.


PASO 5: calcetamos unha volta enteira e cando toque empezar na agulla do empeine, debemos calcetar 2 puntos xuntos ao dereito, pero pasando a agulla de atras a adiante, collendo como primeiro punto o segundo na agulla. Iso para a parte dereita do empeine. Facemos o resto da.agulla do empeine ao dereito, e na parte esquerda collemos un punto, o pasamos sen calcetar e calcetamos o seguinte. Despois recuperamos o anterior e o pasamos enriba do calcetado (surjete?). Facemos isto durante 4 voltas ou asi, ata que teñamos un total de puntos de 55_58.


PASO 6: calcetamos seguido ao dereito durante 15 cm (CENTÍMETROS) dependendo do tamaño do pe.


PASO 7: Por último, para facer o remate da punteira do pé, repartimos os puntos entre 3 agullas, de xeito que queden o mesmo número de puntos en cada agulla. Entón, en cada principio ou en cada final de agulla, collemos 2 puntos xuntos, para ir diminuindo a calceta e rematar con 3 puntos, que pechamos e por fin ¡rematamos os calcetíns!


No hay comentarios:

Publicar un comentario