Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


16/7/13

XESTEIRAID 2013 (CUNTIS, 13/07/2013)

Este sábado pasado tivemos a sorte de poder participar nun raid preto da casa (máis preto que outros os que temos ido). O XESTEIRAID transcurriu por terras de Cuntis, o que nos supuxo un desprazamento de menos de 1 hora desde a casa.

Iso xa axuda, pero enriba, tivemos o pracer de contar con animación durante o día da proba coa familia, xa que tamén se desprazaron ata alí para vernos correr, tanto Paula e os nenos como os pais de Iván.

Ainda que desta volta estabamos inscritos en categoría aventura, fixemos un élite (todos os membros fixemos todas as seccións) xa que so participamos Iván e eu como AROMÓN-OS SUÍDOS polo que non había forma de descansar entre seccións.

O Raid se presentaba duro a priori, pero conforme pasaron as seccións, a dureza xa se convertiu en imposibilidade de rematar picando tódalas balizas. Pero imos por partes:

- Sección 1. Carreira semiurbana con 12 balizas, de 7 km. Aquí saimos bastante enchufados e ainda que o tempo medio se establecía en 1 hora para facer a sección e nós fixemos 1h e 20 min, picamos todas as balizas. Eu non tiven sensación de poder andar máis rápido, ainda que houbo algunha que se nos resistiu. Probablemente o feito de que fose en SCORE (as balizas se recollen polo orde que consideres máis oportuno) produciu algún retraso, pero nada máis.

- Sección 2. BTT de 30 km, con unha pequena sección de BTT_Orientación dentro do mapa grande (para entendernos, había dous mapas, un xeral con todo o percorrido, pero que ao chegar a un punto, estaba en branco, e había que cambiar de mapa, xa que esa parte do percorrido tiña outra escala e outra simboloxía).

Aquí comezan os problemas que teño eu particularmente coa Bici. Para arriba non subo o que se di, nada. Iso, sumado a que a sección comezaba cun desnivel importante, fixo que empezaramos a acumular retraso. Ademáis, ao rematar a sección de BTT-Orientación e retomar o mapa xeral, nos faltaban 6 balizas, das cales 3 de elas estaban moi lonxe, e xa iamos algo pillados de tempo. Aproveitando que pasabamos preto duha das balizas que había que recoller á volta (xa que esta sección era LINEAL), volvimos cara a meta picando o resto das balizas, pero con 3 da sección sen picar.
Naquel intre pensabamos que podiamos compensar estas balizas picando unha baliza de 3 puntos na sección de kaiak, pero...

- Sección 3: Trekking de 16 km. Saímos a esta sección ás 14 h, aprox. Durante gran parte da mesma, fomos baixo cuberta vexetal, e menos mal, xa que o día non estaba para facer exercicio ao sol. Sección dura, dura (houbo un trekkin no raid desafío ferrol 2012 de 23 km que, polo menos a min, non me pareceu tan duro coma éste). Camiños moi pechados, vexetación altísima e sobre todo, unha sección LINEAL que non permitía acortar percorridos.
Aquí, de 12 balizas, deixamos 3 sen recoller, pero nos custou 4 horas rematar.

- Sección 4: BTT de 16 km e unha sección de kaiak de 6 km. Chegamos a esta sección con 2 horas de marxe para facela, pero os comentarios da xente a esa hora (18 h.) eran de tentar picar só as balizas da bici, xa que o kaiak levava facelo como 1,5 horas. E alá saímos, coa particularidade ademáis, de que as balizas nesta sección non estaban nun punto fixado no mapa, senón ao longo dun tramo de camiño que había que coller, e a baliza se supón que aparecía nalgún punto dese tramo.
Aquí teño que facer unha pequena crítica á persoa responsable dos mapas, e é que a sinalización do tramo polo que tiñamos que rodar tapaba parcialmente o mapa, polo que se nos fixo bastante complicado asegurarnos que iamos polo percorrido correcto (creo que non fumos o único equipo que se queixou neste senso).

En fin, que o kaiak desta volta nin o cheiramos. Para colmo, xa de volta cara a meta e con 20 minutos de marxe, a última baliza a picar non a atopamos, nin nós nin os 5 equipos que viñamos xuntos. Puido ser precipitación pola hora que era, ou cansanzo ou o que for, pero o caso é que non atopamos a baliza 47... e a verdade é que estaba, pero agochada, e non no camiño principal...

Aí queda a queixa, pero tamén é certo que houbo equipos que sí a atoparon.

En fin, un raid doblemente duro, polo trekking criminal de 16 km no medio do día e duro para mín polas seccións de bici. Moito teño que mellorar....

Pd. Me encantou que estiveran durante o día Iago, Martín e Paula, así como Suso e Mila. A verdade é que non podíamos pararnos moito entre sección e sección, ao ir só os dous (Iván e eu) pero é un gustazo chegar dunha sección e atoparte coa xente que queres, animando. Iso é impagable. Grazas!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario