Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


20/11/12

Extraer a música dun vídeo de internet

Atopei estes días unha páxina interesantísima, que explica de xeito sinxelo cómo extraer a música de calquera vídeo de youtube ou outras canles de difusión en internet. Ás veces temos a necesidade (no meu caso, debido aos pequechos que me piden as cancións dos debuxos de moda...) de ter en formato .mp3 unha canción, da que temos o enlace do vídeo.

Pois coa axuda destas instrucións, o conseguiremos:


Para non ter maior dificultade, procederemos a explicar paso a paso o que temos que facer para descargar temas musicais desde Youtube:
1. Copiar a dirección do Video co tema musical a descargar desde Youtube
2. Dirixirnos a esta páxina Web: http://vidtomp3.com/ 
3. Pegar a dirección copiada no cadro branco
4. Clic no botón  DOWNLOAD .
5. O programa da Web tardara algúns minutos en converter o video a un MP3.
6. Logo da conversión poderemos descargar o tema en formato MP3.


Como se pode apreciar o proceso de descarga é moi sinxelo e simple, solo necesitaremos 6 pasos para obter a nosa música favorita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario