Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


7/11/12

Criadas y Señoras (The Help)

Hai xa uns días que tiven o pracer de ver a película "Criadas y Señoras" (The help), baseada na obra homónina de Kathryn Stockett e que conta as desigualdades entre a clase dominante no sur dos Estados Unidos a mediados do século pasado (os Brancos) e a clase dominada (os Negros). A película (e o libro) enfoca a atención nunha parte destas relacions que, polo menos para min antes de ver o film, resulta novedosa, e é os vínculos que se establecían no servizo doméstico (mulleres negras que coidaban aos fillos das donas brancas) das casas máis influintes da sociedade branca dos estados do sur de EE.UU.

Paréceme unha visión moi "esclarecedora" desde varios puntos de vista, das desigualdades que existiron (non quero pensar que ainda existan) para empezar xa entre sexos, tanto de brancos como de negros, pero dentro do mesmo sexo, entre (que ben traido está o título) as criadas e as señoras, sendo como é unha relación contractual, pero que segundo se ve no filme, semella unha especie de destilado da escravitude. Ao mellor é a milla percepción persoal e pouco obxectiva, pero entendo que naquela época (moi recente....) a relación que se establecía entre o servizo e os donos era algo máis que un contrato de traballo por horas.

Creo que ainda que o libro tivo as súas críticas (polo que parece, hai demandas por plasmar varios aspectos da vida dunha muller que serviu na casa do irmán da autora do libro) e ao mellor a película non reflicte exactamente como era a vida a mediados do século pasado no Sur de Estados Unidos, merece a pena vela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario