Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


18/7/12

II RAID DE NEGREIRA (14/07/2012)

O pasado sábado 14 de xullo tiñamos unha cita en Negreira coa 5ª proba da liga galega de Raids de Aventura. Neste caso todo pintaba ben despois de que a Iván se lle arranxara a mán (a principios da semana lle roera un can e a tiña bastante hinchada) e o clube nos conseguiu un 3º compoñente para ir como equipo "Os Suídos". Pablo se portou caralludamente, e vaia desde aquí o meu particular agradecemento. A pena foi que o resultado non acompañou, pero bueno, todo se andará.

O Raid comezou cunha proba de orientación individual de aprox. 8 km, para a que saímos Pablo e máis eu. Aquí xa comezou a ir mal o raid (polo menos no meu caso) xa que caín nunha silveira xigantesca (teño os brazos e as pernas BEN marcados...) e se me desfixo o mapa, polo que só puiden marcar 4 balizas nesa sección. Pablo picou tódalas balizas, e saímos para a seguinte sección pensando que xa levavamos unha desvantaxe con respecto ao resto de equipos.

Na segunda sección, unha BTT de 30 km, Iván e eu saímos con tempo dabondo, pero se nos fixo dura. Entre a caída de Iván (que magullou un xeonllo, afortunadamente sen consecuencias ata o de agora) e que, polo menos a mín, algunha das balizas eran complicadas, nos levou algo máis do que quixeramos. Pero rematamos a sección deixando 2 balizas sen picar... comezaban a acumularse erros.

Na seguinte sección eu descansei e sairon Iván e Pablo para facer o treking de 13 km, con balizas complicadas e terreo duro, pero volveron con todo picado e nun tempazo (teño que plantexarme en serio se o factor "alberto" inflúe no número de balizas atopadas....).

Na 4º sección, un treking de 1,5 km + 6 km (aprox) de kaiak, Iván tivo o dubidoso privilexio de ir comigo a bordo... Un espectáculo, xa que foi a miña primeira experiencia sobre kaiak nun raid. O difícil que é orientar montado nun kaiak.... Pero aparte dos berros e broncas do compañeiro, eu tiven moi boa sensación nesta sección, e se me fixo curta. Ademáis, ao cambiar radicalmente de exercicio co resto de seccións do raid, a verdade é que me pareceu máis descansado. Tamén é certo que estivemos nun embalse, sen apenas corrente nin olas. Non creo que tivese a mesma sensación en mar, como por exemplo en As Somozas, que polo que sei (eu non fixen a sección nese raid) a lancha de salvamente tivo traballo arreo....

E con 5 de 8 balizas picadas (non picamos máis debido á falta de tempo para a última sección) chegamos á sección 2 de BTT, outros 30 km con 16 balizas. Aquí o obxectivo, cando levas 8,5 horas de raid, é non quedar fóra de tempo. O control pechaba ás 20:30 h e nos deu tempo a picar 5 balizas (as máis cercanas) con 10 minutos de marxe sobre o peche.

En total, cáseque 10,5 horas de raid, con sensacións agridoces: por un lado, os compañeiros de raid, espectaculares (moitas grazas a Iván e a Pablo). Por outra banda, de non ser pola caida teriamos algunha baliza máis na primeira sección e poderiamos estar máis arriba na clasificación.

De tódolos xeitos, neste raid o feito de picar todalas balizas estaba moi complicado. De feito, só os 4 primeiros equipos (de 38 equipos inscritos en categoría Aventura) picaron todas.
Un raid duro, moi ben organizado (é un punto moi a favor ter bebida despois de cada sección!!!) e mágoa da sempiterna auga fría nas duchas... pero esta vez caseque importaba menos; tivemos moi bo día e facía calor..

Xa queda menos para rematar a liga!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario