Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


13/7/12

El Origen del Planeta de los Simios

Xa tiña gañas de botarlle unha ollada a esta película. Como xa vou tendo algúns aniños, resulta que vin as películas orixinais de "El planeta de los Simios" de Charlton Heston, e tamén as posteriores secuelas e precuelas, ata chegar á caseque actual (2001) remake de aquela, El planeta de los simios, dirixida por un Tim Burton que ten feito outros films con máis acerto....

Por isto que, ainda que un pouco decepcionado pola sensación da película de Tim Burton, un remake (palabra fea, fea...semella que non temos nada mellor agora mesmo que gastar cartos e cartos en emular ideas que xa foron explotadas no seu día...) que non pasará á historia por mellorar a versión orixinal, me animei a ver esta nova, El Origen del Planeta de los Simios, e a verdade é que non me defraudou por varias razóns: visualmente é espectacular, tanto nas paisaxes que se observan como nos movimentos dos simios, que están moi logrados (é certo iso de que actualmente, todo o que imaxines nos guións, cómics e/ou libros, se pode levar á pantalla xigante).
Ademáis, a interpretación de Andy Serkis (a cara deste tipo non a coñece nin Dios, pero, cómo actúa o tipo... desde Gollum ata César -o chimpancé prota da película) é sublime. Creo sinceramente que non serve calquera actor para poñerse un traxe moi cinguido ao corpo e traballar cunha pantalla verde detrás. Pero os resultados están ahí. Este actor ten a vantaxe de poder participar con varios papeles na mesma peli, sen que o notemos... Por exemplo, nas de Peter Jackson (El Señor de los Anillos), fixo de Gollum, de SAuron e tamén do servo de Sauron -a boca de Sauron-.

Por último (seguro que hai máis aspectos a salientar) o guión é bastante sólido e presenta dun xeito coherente o nacemento, de xeito máis ou menos accidental, dunha nova orde mundial; a supremacía dos simios tal e como foi escrita por Pierre Boulle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario