Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


25/6/12

EMULADOR NINTENDO DS

Bueno, non sei moi ben cómo empezar esta entrada sen dicir que a mín me gustan os videoxogos. Para os que me coñecen, isto non é ningunha sorpresa, e para o resto, só aporta unha información trivial. Pero serve como comezo, polo menos.

En fin, ao lío: para aqueles que teñades instalado o emulador da nintendo DS, pode que vos xurda a dúbida de cómo **** facer para que as partidas queden grabadas, xa que é un auténtico engorro comezar o xogo cada vez que acendes o emulador.

Pois buscando por ahí, atopei un vídeo que o explica bastante ben, e funciona (comprobado!). Espero que vos sirva. (para os/as que non teñan paciencia para ver todo o vídeo, o explicarei máis abaixo):


O WinDS pro emulator é un conxunto de programas de emulación da consola portátil NINTENDO DS. Existen "copias de seguridade" dos xogos máis comúns que corren baixo esa consola, coa extensión .nds, que se chaman ROMS. Pois ben, o WinDS o que fai é "emular" a consola no PC, polo que podes xogar a calquera xogo da DS no PC.

O problema, ata agora, era grabar as partidas, pero con estes sinxelos pasos, xa está solucionado.
- abrimos o programa WinDS Pro Emulator
- imos co explorador de Windows á carpeta do programa. Se non sabedes onde está a carpeta de instalación do programa (a min me pasa moitas veces), na icona do programa en cuestión, dándolle con BD (botón dereito do rato), en propiedades, vemos ónde se executa á icona de acceso directo. Pois neste directorio está a carpeta de WinDS Pro.

- Unha vez dentro de WinDS Pro, buscamos a carpta No$ba (pode estar xa directamente na carpeta, ou dentro de outra que se chama "emu") e alí buscamos a carpeta battery.
- Unha vez dentro da carpeta battery, creamos co BD un arquivo de texto co block de notas (extensión .txt) que se chame battery

- E xa estaría arranxado o problema. Isto fai que as partidas que imos xogando co emulador, se garden na carpeta e a próxima vez que se xogue, podamos cargar o progreso gardado.

1 comentario:

  1. Anónimo8/7/12

    Wow, incredible blog structure! How long have you ever been blogging for?
    you made blogging glance easy. The overall look of your site is great, let alone the
    content!
    Also visit my web-site - New Xbox 720 Exposed

    ResponderEliminar