Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


1/6/12

El Nombre del Viento, de Patrick Rothfuss

Ata que Cris me dixo que tiña un libro para "traficar" comigo que acababa de ler e lle gustara, non tiña nin idea da publicación de "El nombre del viento", a primeira parte dunha triloxía fantástica escrita por Patrick Rothfuss, un escritor norteamericano da miña quinta (máis ou menos). A novela é bastante recente. De feito, o terceiro volume ainda non está publicado, e acaba de sair o segundo volume da triloxía (do cal non teño moi boas críticas -fonte: Zeke-) De tódolos xeitos, o leerei nalgún momento (máis cedo que tarde).

O libro me gustou moito (moitas grazas, Cris!!) por varios motivos. Pola frescura da redacción (e seguro que me perdo un montón de matices debido á tradución....), pola historia en sí mesma e tamén pola forma de presentala. O feito de ser unha historia contada no presente polo seu protagonista, falando do seu pasado, durante 3 dias para que esa historia quede reflectida e poida ser transmitida tal e cómo él a viviu e non como unha serie de lendas e relatos inconclusos e inconexos é moi estimulante. Pero lle da un puntiño máis o feito de que a historia pasada da personaxe principal ten consecuencias no presente, que afectan (e moito) a vida aparentemente tranquila e retirada de Kvothe, do cronista (o que recolle a historia) e de Bast.

Como quedan moitos interrogantes por descifrar, só direi que o libro se lee nun pispás e te quedas con ganas de máis. E tamén me parece moi enxeñosa a explicación que se da de cómo funciona iso que fóra da fantasía se denomina "maxia".

Boa lectura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario