Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


28/3/12

II Raid de Xermade (24/03/2012)

O pasado sábado 24 de marzo tivo lugar o II Raid de Xermade, dentro da liga galega de Raids de Aventura.

Foi o meu primeiro raid e teño un monte de sensacións. A ver se son quén de ir ordenándoas pouco a pouco.

O primeiro de todo é agradecer a Fabiola a súa presenza. Se non demos feito máis non foi polas súas ganas nin a súa dedicación. Mágoa que o resultado non acompañase.
O segundo que necesito dicir é que ¡Mi madriña! que duro é facer un raid...Me esperaba unha proba dura (xa o sabiámos polos boletíns informativos que nos ían poñendo: 5 seccións, 75 km aprox, lineais, tramos de bici-trekking-kaiak-trekking-bici...etc.) pero unha cousa é lelo nun boletín e outra moi distinta é facelo.

Comezamos puntualmente ás 10:00 h da mañá, a primeira sección foi relativamente sinxela (picar 4 balizas nun recorrido aprox. de 3 km), e non iamos nada mal de tempo. Ademáis, grazas a Fabiola tiñamos bonificación en tódalas seccións. Así que cambiamos de compoñente do equipo e saímos Iván e máis eu a facer a segunda sección, de BTT (Bici de Montaña). Na primeira costa abaixo comezaron os problemas para mín... o portamapas da bici se movía, polo que tiña que ir máis atento a aguantalo que ao mapa en sí mesmo. De tódolos xeitos, nas primeiras 4 balizas non houbo problemas e levavamos un bo tempo. Pero nalgún punto me desubiquei no mapa e ahí comezaron tódolos problemas. Chegamos ao segundo punto de control e de cambio de sección con 1 h e media de retraso, co que xa comprometeramos o resto do raid....

Cando Iván e FAbiola comezaron a 3ª sección (trekking de 10 km) eu non sabía si rir ou chorar... pero decidin comer un pouco (para quitar ferro) e beber moito (para ir pasando a comida...). Xa que na sección de trekking eles tiñan pensado facer o mínimo (picar un par de balizas e volver, para tentar recuperar algo de tempo) arranxei a colocación do portamapas no manillar e pouco máis. Encher de novo o camelbak e sair con Iván á sección 4 (bici-trekking-kaiak-trekking-bici), a máis longa de todas e tamén a máis esixente.

Ahí me decatei que o dos mapas na bici tiña un compoñente co que non contara. As distancias se reducen moitísimo ao ir en bici, e hai que estar máis atento (se se pode) que cando vas en carreira ou trekking. O feito foi que primeiro pinchamos (eu pinchei...) e ainda non comezaramos no tramo de mapa que tocaba...pero ao final logramos encauzar o tema, e ainda que iamos atopando as balizas, levavamos moito tempo perdido, e ao chegar ao punto de cambio de bici a trekking, xa fomos advertidos que caseque seguro non nos daría tempo a chegar ao kaiak (mal por nós -eu tiña gañas de probalo...- pero peor para Fabiola, que se desplazara ata As POntes para relevar a Iván nesa sección). Así que decidimos picar 1 baliza do tramo de trekking (había 2 balizas neste tramo) e volver. Pero entre que nos costou un mundo atopar a baliza de marras (o tramo de trekking me pareceu especialmente duro) e que cando recollimos de novo as bicis e volvíamos para o cambio na última sección, volvín pinchar. Como son moi mañoso, cando cambiei a derradeira cámara de reposto, trillei a p*** cámara. Resultado? Nun camiño perdido no monte, ao final dunha costa que baixaba do parque eólico, estabamos dispostos a parchar unha roda e dar por finalizado o raid.

Menos mal que ainda hai xente boa polo mundo (e máis polos raids) e uns compañeiros de non sei qué equipo (pero aos que penso devolver a cámara no seguinte raid) nos prestaron unha cámara nova e puidemos chegar ao punto de control. Pero alí nos dixeron que probablemente non nos dera tempo a facer a última sección, e que si chegabamos á meta máis tarde das 19:30 h. (fóra de control) nos anulaban a sección, polo que decidimos poñer fin a esta primeira experiencia (para mín) nos raids.

Balance? Teño gañas de que chegue o seguinte raid. E teño medo do que poida pasar.... pero isto mola!!! O que non sei é que pensan os meus compañeiros...pero lles dou de novo as grazas, a Fabiola por axudarnos e por ter sempre unha palabra de ánimo e a Iván por non matarme cando nos metimo polo río arriba....

Teño que facer tamén unha mención especial aos outros responsables de que ande metido nisto. O equipo Os foghetes fixeron un raid moi bo, e tanto Roberto como Saba (e tamén Noe e Javi) nos animaron todo o rato. Moitas grazas. Hai futuro...


7 comentarios:

  1. Boa crónica ... Ánimo que esto acaba de empezar e todavia quedan 6 probas este ano.

    ResponderEliminar
  2. Por certo, por onde carallo vos metestedes para ir por un rio arriba ??????

    ResponderEliminar
  3. jajaja... iamos desorientados...

    ResponderEliminar
  4. Eu non te matei porque aínda non me deu tempo. Esta finde terei tempo de sobra a escarallarte vivo. Cabrón!!

    ResponderEliminar
  5. Ánimo chicos que un raid malo o ten todo o mundo, senón preguntanos a nós que levamos 3 anos a decidir se isto é o noso ou non! O importante é pasalo ben, disfrutar da carreira e aprender e mellorarse de proba en proba.
    Vémonos na seguinte!! ;)

    ResponderEliminar
  6. Tranquilos, nosotros llevamos 4 raid, y vamos comos vosotros aprendiendo en cada uno de ellos, lo importante es no perder nunca la sonrisa, esa es nuestra teoria, un saludo, somos os de Paintball As Neves.

    ResponderEliminar
  7. Buenas, animo y a seguir asi, que nosotros llevamos 4 raid, acabamos de empezar comos vosotros, y lo importante es no perder la sonrisa de la cara, y seguir aprendiendo. Un saludo, somos os do equipo Paintball As Neves.

    ResponderEliminar