Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


2/5/14

RAID TERRA DE FRADES (26/04/2014)

Despois de un monte de meses sen competir nun raid, o pasado sábado 26 de abril de 2014 participei como integrante no equipo dos Foghetes no RAID TERRA DE FRADES, organizado polo Club SEO de Ordes.

O raid estaba conformado polas seguintes seccións.
1º orientación urbana especial de 6 km
2º BTT de 34 km
3º trekking de 13 km
4º Rogaine de 75 km!!

En fin, que moi boas espectativas non levaba para o raid, en parte por participar nun equipo xa conformado desde hai anos, como son os Foghetes Raid de Roberto, Saba e Carlos (co que xa participei na liga pasada no RAid de Arzúa), e en parte por unha mini-lesión (unha rotura de fibras) no xemelo dereito que me leva rota a cachola desde outubro...

De camiño a Pontecarreira (lugar da saída e chegada de tódalas secciós do raid, xa que se fixo en bucle), decidimos que na primeira sección sairían Roberto e Saba. NOn por nada especial, senón porque tiñamos que conformar as seccións de tal modo que coincidisemos Roberto e eu nas de Bici, polo que, un dos dous tería que facer 3 seccións seguidas.

E xa postos a facer 3 seccións seguidas, eu pensei que prefería estar reventado fisicamente, pero ter a Roberto o máis fresco posible para orientar (non sei se aos demáis lles pasa, pero eu, cando vou canso, xa nin miro o mapa. As liñas confúndense e sempre, sempre me parece que a mellor opción para chegar a unha baliza é ir costa abaixo...)

Total, que ás 9.55 h saiu roberto a memorizar o mapa da 1ª sección, con 9 balizas. Esa era a sorpresa que nos tiña preparada a organización. A ORI da 1ª sección se facía de memoria... Pero Roberto e saba chegaron coa maioría de equipos con todo picado, así que por ese lado, perfecto!

 Entrementres eu fixen 2 das 3 probas especiais que se podían facer ao longo do día. Unha das probas consistiu en tentar camiñar sobre zancos facendo un 8 entre dous conos. Tiñas 3 intentos, pero eu só cheguei á metade do 8... Na outra proba, o obxectivo era tocar coa man dúas balizas situadas en distintos puntos dun circuito de cordas entre as árbores do parque onde estaba a entrada e saída do raid. SE tocabas as dúas balizas sen caer, 2 puntos. E aí me sentín como na casa...

Cando chegaron Roberto e Saba da primeira sección, saímos para a bici Roberto e eu. A verdade é que Roberto estivo fortísimo todo o día.. Me levou disparado de baliza en baliza. DA gusto ir con alguén que orienta con tal (aparentemente) facilidade. Fixemos a 2ª sección ben de tempo e picando todo.

Mentres andabamos nós na bici, SAba aproveitou para facer a 3ª proba especial, que era tiro á Chave. Tiña que darlle 2 veces en 4 intentos, e a piques estivo de logralo, pero só lle deu unha vez.

Cando saímos para o trekking, eu xa sabía que ía ter calambres, polo cambio de bici a correr. Cómo admiro a Gómez Noya e ao resto de xente que fai duatlón ou triatlón. A mín ese cambio me mata... Ademáis, optamos por picar unha baliza que estaba ao outro lado do río, polo que me tiven que quitar case toda a roupa, e cruzar o río (que levaba bastante corrente) para picar a baliza. Facía bo día, así que para cando rematamos a sección de trekking xa estaba de novo seco..

E saímos para a última sección Roberto e eu. Unha sección de 4 horas de duración máxima, con posibilidade de picar ata 62 balizas e 75 km posibles de percorrido. Nós fixemos 36 puntos en balizas, e percorrimos aprox. 36 km... E a verdade é que chegamos a este punto, eu só quería rematar en tempo o raid. E nos sobraron 4 minutos!!!!

Ao final, e grazas á planificación de Roberto no Rogaine (que é como se chama á ese tipo de sección das carreiras e orientación), logramos unha boa clasificación, 9º de 31 equipos en categoría aventura, empatados a puntos cos 6º clasificados, e 3º en equipos mixtos de aventura.

Noraboa aos Foghetes e grazas por deixarme participar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario