Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


9/12/12

pasar arquivos .cbr a .pdf

Se, coma min, tedes arquivos en formato .cbr e queredes telos en .pdf para poder lelos máis facilmente (o formato .cbr necesita un programa aparte para ser aberto), aquí vos deixo unhas sinxelas instrucións que, espero, sexa de utilidade:

O formato .cbr non é máis que un montón de arquivos .jpg ordenados para que un programa de lectura de cómics electrónicos os vaia presentando, polo que se queredes pasalos a .pdf (un formato máis cómodo para imprimir e/ou levar) seguide estes pasos:

1º.-  Co Boton Dereito (BD) premede na carpeta que queredes "transformar":
2º Extraede os arquivos co menú contextual de algún dos compresores que teñades instalados (Winrar, 7zip, WinZip) de xeito que quede unha carpeta con un montón de imaxes ordenadas:
3ºUnha vez que seleccionedes todas as imaxes, co BD pinchades na opción "imprimir", de xeito que co asistente que ten windows vos deixará escoller a impresora. E aí estará a opción de imprimir en PDF, polo que xa estará completada a transformación:

Espero que vos sirva.



No hay comentarios:

Publicar un comentario