Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


28/9/12

Deja vú

Cando comecei con este blog non tiña nin idea de qué era un blog. Nunca lera ningún, e hai 3 anos xa que isto está andando. Con máis ou menos acerto, e sobre todo con menos que máis público (grazas aos que estades aí, lendo e comentando as entradas). Sen restar nada de importancia aos lectores/as pasados, presentes e futuros,que espero que sigan, este blog é, sobre todo, unha necesidade persoal.

Perdoade polo egoismo, polo egocentrismo que descobren esas dúas verbas, pero esto non se mantén se non existe algo, un motor interno, que fai que escribas, con máis ou menos acerto e con menos que máis asiduidade o que se che pasa pola cabeza, ou algo que escoitas, ou algo sobre o que non sabes (esbardallar mesmamente!)

E dende que por xaneiro de 2010 comecei vampirizando o blog de Iván ata transformalo neste monstro que adquiriu caseque vida propia, en parte debido á retroalimentación que produce o que escribo ou reseño e grazas aos que tedes a santa paciencia de ler os post... ben, pois desde ese momento e ata o de agora, creo que o balance, a nivel persoal, é POSITIVO. Moi positivo, diría eu.

Espero que dentro de 3 anos poida facer balance de novo, e que sexa positivo. Pero se non é así, se a necesidade persoal de contar, de preguntar, de dubidar se me pasa, o que está feito, iso xa queda. (non creo que sexa nada bo quedarse sen dúbidas e preguntas)

O título da entrada, "Deja vú" (o francés é moi fodido de pronunciar....) só fai referencia a que periódicamente sinto a necesidade de "balancear" o meu estado mental (e non creades que o resultado é positivo as máis das veces...) e tamén o punto no que me encontro. Non é algo consciente, pero ás veces, cando tes a sensación de cambio de etapa (que é un concepto moi difuso de explicar, pero que para mín funciona moi ben para describir ese fío con nós que é a vida)

No hay comentarios:

Publicar un comentario