Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


7/7/10

El guardián entre el centeno. J.D. Salinger

Dende que me enterei que morrera o autor J.D Salinger a principios deste ano 2010, tiven interese por ler a súa novela "El guardián entre el centeno" (a lín en español).
Onte rematei e a verdade é que non te deixa indiferente.

A verdade é que cheguei á novela despois de que nas novas falasen da morte do autor. Antes non tiña nin idea de que esta novela está considerada por moitos críticos como unha das poucas que é capaz de reflictir a adolescencia, coas súas incongruencias e contradicións. Parece que esta novelá é altamente recomendada polo profesorado na etapa adolescente.

Non sei ben ata qué punto iso é correcto e agora paso a explicar, dende o meu ignorante punto de vista, por qué me parece iso:

- A novela está escrita dun xeito tal que talmente parece escrita por un autor novísimo, adolescente. Iso podería ser unha vantaxe, pero dado o carácter contradictorio da mesma, e a cantidade de veces que o personaxe principal (e case o único) se atopa deprimido, contra o mundo, con ganas de desaparecer, en total rebeldía, etc. (coma unha grande porcentaxe de adolescentes), non sei ata qué punto é recomendable esa lectura para unha persoa que teña eses sentimentos.

- Segundo consta nas fontes bibliográficas, varios asasinos en serie nomearon a esta novela como libro de referencia. Tampouco ten por qué ser malo iso, pode ser que ao estar falando dunha obra famosa pois a lea moita xente. Pero é inquedante pensar que os conflictos internos do protagonista, tan ben expostos na obra, sexan non exemplo, pero si dalgún xeito un recoñecemento, unha especie de sentirse identificado, de apoio moral para esta xente. NOn o creo, simplemente porque o autor e a obra non son culpables dos crimes que outra ou outras persoas poidan realizar, lean ou non lean a o libro. Pero o que é curioso é que, ainda que non se fala en ningún momento de violencia no libro, está moi presente, como velada, como flotando no aire. A atmósfera de opresión, de loita contra todo (familia, amigos, mundo en xeral) está xenialmente verquida no libro.

En fin, que o que é certo é que este libro, poderache gustar ou non, pero non quedas indiferente. Tamén é certo que, me parece a min, claro, o aproveitei máis agora, cando acabo de saír da adolescencia, que si fose unha lectura obrigada. Terei que preguntar a algún adolescente que o leese sobre él.

Si consigo algunha opinión adolescente, espero poder continuar este tema.

Segundo aparece na biografía do escritor, este home, J.D. Salinger ((Jerome David) non parece que fose alguén moi equilibrado durante a súa vida. Na imaxe que aparece arriba, unha das poucas da vida adulta do escritor, o autor está agredindo ao fotografo. Segundo parece (o poño por si non clicades no enlace á wikipedia) foi un home perseguido pola súa fama ata a súa morte.En 2000 a súa filla, Margaret, publicou unhas memorias tituladas Dream Catcher (O gardián dos sonos), que permitiu aos seus incondicionais descubrir algo máis da vida privada de Salinger: alí retrátase un home que vivía en semirreclusión, consagrado á súa obra e tiránico cos seus familiares. Entregado primeiro ao budismo, logo á Cienciología e despois á Ciencia Cristiá: un enfermo que bebía os seus propios ouriños e estaba obsesionado coa relixión. Margaret chega mesmo a dicir que abusou da súa segunda muller, Claire Douglas, á que mantivo como unha "virtual prisioneira".

En fin, autor polémico, obra polémica. Pero me alegro moito de tela lido. É altamente recomendable, pero creo (é só unha opinión) que se debe ler cunha certa madurez (mental, por suposto). Tampouco digo que eu esté en posesión desa madurez, pero iso é outro conto.

Por último, me gustaría extraer unha frase do libro, que me fixo reflexionar moito:
"Un home inmaduro está disposto a morrer noblemente por unha causa; un home maduro está disposto a vivir humildemente por esa mesma causa".

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario