Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


27/2/10

cicloxénese explosiva!!!

Blogueado por Berto, free-blogger:

A "profunda borrasca" que esta fin de semana afectará a boa parte da Península e Baleares terá unhas características de "cicloxénese explosiva", xa que se esperan ventos fortes en terra e mar que alcanzarán os 120 e 130 quilómetros por hora no norte da Península, debido á fronte que se está formando ó oeste de Madeira e que se desenvolverá con "moita rapidez e intensidade".

Segundo o voceiro da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Angel Rivera, o que neste xoves está afectando á Península é outra borrasca atlántica pero "o cambio" virá determinado pola nova fronte que chegará polo oeste, na madrugada do sábado a Canarias e desde o medio día á Península.

Esta borrasca "distínguese" doutras porque terá unha "evolución moi rápida e unha intensificación moi forte" que deixará ventos "moi fortes" nas illas occidentais e o seu centro situarase en Galicia para saír o domingo polo Cantábrico cara a Francia, onde tamén deixará ventos "moi fortes". "É unha borrasca moi ampla e o seu radio de acción afectará a boa parte da Península", engadiu.



Precisamente estas características coinciden co fenómeno coñecido como "cicloxénese explosiva" que xa se rexistrou en España en anteriores ocasións. Así, hai pouco máis dun ano, o 24 e 25 de xaneiro, esta situación produciuse sobre todo no norte da Península e no 1998 outra cicloxénese explosiva no Cantábrico deu lugar a unha tempestade que provocou o afundimento do pesqueiro Marero, do País Vasco, e a morte dos seus oito tripulantes.

Segundo os expertos, os efectos deste fenómeno poden ser devastadores e similares ós dun ciclón tropical aínda que non se trate dun ciclón propiamente dito.

Ademais, Rivera indicou que a borrasca irá acompañada por ventos de entre 120 e 130 quilómetros por hora no norte -Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Pireneos-, entre 90 e 100 quilómetros por hora na zona chaira da metade norte e o centro, e de entre 100 e 120 quilómetros por hora en Canarias.

De feito, advertiu de que poderán chegar a activarse alertas de cor laranxa (risco importante) e, malia que "aínda está por determinar" poderíase chegar a alerta vermella (risco extremo). "Máis que de fortes choivas será de fortes ventos", precisou Rivera, á vez que alertou que nas zonas marítimas de Fisterra e oeste do Cantábrico o vento alcanzará forza 8 a 9, con intervalos de 10 e 11, e que o temporal terá un carácter "duro ou moi duro" e ondas de 4 a 6 metros.

Concretamente, a profunda borrasca do sábado elevará as temperaturas máximas entre tres e catro graos e, ata entón, producirase unha "subida gradual" dos termómetros. Rivera precisou que a borrasca está nas capas baixas, pero ten unha situación en altura que funciona como unha "inxección enerxética" que provoca gran rapidez e intensidade.

"As choivas serán de débiles a moderadas, sen ser excesivamente intensas e non van tocar practicamente a Canarias, pero deixarán cantidades diarias duns 15 ou 20 litros por metro cadrado", sinalou.

Ante estas predicións, a Dirección Xeral de Protección Civil e Urxencias do Ministerio do Interior avisa por fortes ventos en terra e costeiros en distintas zonas do país, especialmente na metade norte peninsular e en Canarias, e con menor intensidade en Comunidade Valenciana, Estremadura e Andalucía, á vez que se esperan choivas nas dúas Castillas e Estremadura e risco de aludes no Pirineo de Huesca.

Xa que logo, recoméndaselles ós cidadáns que extremen as precaucións ante os riscos derivados da neve e que adopten as oportunas medidas de autoprotección que favorezan a súa seguridade e a dos demais.

Ante a previsión de fortes ventos, aconsella asegurar portas, fiestras e todos aqueles obxectos que poidan caer á vía pública e afastarse de cornixas, árbores, muros ou edificacións en construción ou guindastres que poidan desprenderse. Tamén, convén absterse de subir ás estadas sen as adecuadas medidas de protección.

Se vai conducindo, extreme as precaucións, especialmente na saída de túneles, adiantamentos e cruzamento con vehículos pesados en estradas de dobre sentido. Preste atención ante a posible presenza de obstáculos na estrada.

En caso de atoparse en zonas marítimas con previsión de fortes ventos, Protección Civil e Urxencias urxe a afastarse da praia e lugares baixos que poidan verse afectados polas elevadas mareas e ondadas que adoitan xerarse ante os ventos fortes. Tamén, recorda que nestas situacións, o mar adquire condicións extraordinarias e pode arrastralo se se atopa nas proximidades do mar.
----------------

Vamos, que mellor quedar na casiña, tranquiliños, debaixo das mantas e cun chocolatiño quente con churros ao lado.

O mellor é ter unha fiestra preto nosa, para ver cómo se desenvolver este fenómeno meteorolóxico...


2 comentarios:

  1. Anónimo14/11/11

    Thanks for the info! We're making a custom pair of slippers for you :)” oh wow thank you!!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo29/11/11

    Thank you everyone for a great day of factual information sharing... need to tweet this post..

    ResponderEliminar