Nunha ocasión vin o anuncio dunha película de animación sobre Búhos. Si, non me miredes raro... o caso é que me chamou moito a atención e agardei a que saise en DVD para poder vela. E non me defraudou nada de nada, salvo que, como me parecía dado o profundo da trama, a película está baseada nunha serie de libros infantiles da autora Kathryn Lasky que narra as aventuras e desventuras dunha Curuxa chamada Soren e dos seus amigos para impedir que as forzas do mal triunfen... Os libros ainda non os lin, pero non descarto facelo nun futuro, aproveitando que ao mellor a Iago ou a Martín lles gustan...
Aquí vos deixo un video promocional.
Desfrutádeo!!
Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas
28/4/11
Ga´hoole, algo que non te debes perder
27/4/11
Desinstalar explorer 9 en Windows XP
Entendendo que é unha versión beta, este comportamento é completamente normal. Para personas que necesitan máis estabilidade (ou que directamente o IE9 non funciona), obviamente é mellor quedarse con IE8 por alguns meses más. O problema é que ao instalar Internet Explorer 9, todas as versións anteriores do navegador desaparecen.
O feito é que IE9 aparece como unha actualización de sistema, e non como unha aplicación, polo que se tratamos de desinstalalo como un programa normal, veremos que na lista de programas instalados, non aparece por ningún lado. Para remover IE9 do equipo, debemos seguir estas instruccións:
- Ir ao menú Inicio : Panel de Control, Agregar ou Quitar Programas, Agregar ou Quitar Compoñentes de Windows
- Marcar só Explorer, e darlle a seguinte.
- Reiniciar

Después duns segundos, a computadora necesitará reiniciarse para que os cambios teñan efecto. Ao reiniciar, a versión previa de IE estará de novo instalada, tal e como estaba antes de actualizar a IE9. Solo Windows Vista e Windows 7 son soportados por Internet Explorer 9, polo que usuarios de Windows XP e anteriores se verán imposibilitados de acceder a este programa.
No meu caso, a única opción que tiven foi entrar en "Mi PC" e alí, en "Archivos de programa", cargarme (eliminar) a carpeta de "Internet Explorer".
Despois reiniciei e instalei o Explorer 8
26/4/11
Wall-e, unha reflexión para o presente?
Por casualidade, e digo por casualidade xa que non tiña información a priori sobre a película, descubrin hai algún tempo a increible historia de Wall-E, un robot de limpeza que está programado para recoller refugallos e convertilos en cubiletes preciosos, todos iguais, ata formar un montón deles.
Espero non facer spoiler con estes datos, pero a historia paga a pena desde varios puntos de vista. Desde a historia de amor entre os protagonistas, ata a reflexión que de fondo está presente durante todo o film, esta película é das que emocionan. Pero moito, aviso....
Para rematar, dicir que a factoría que fai posible esta obra mestra é PIXAR. Con dicir iso, no campo da animación xa sería dabondo, pero para quen non o sepa, estes tipos son os responsables de éxitos como Toy Story, Os Incribles, Up ou Cars, por só citar algúns.
Sempre digo o mesmo, pero non por iso esta vez é menos certo. Esta película é altamente recomendable. É máis, debería ser obrigatoria (no meu humilde parecer) en Educación Infantil e/ou Primaria...

15/4/11
Cando os cartos entran pola porta, os ideais saltan pola ventana...
Non podo deixar de pensar que, parafraseando a ese grupo musical "El último de la Fila" no título do seu álbum "Cuando la pobreza entra por la puerta, el amor salta por la ventana", o título desta entrada explica que estamos facendo como país o mesmo, cando agora que o noso presidente acadou un principio de acordo entre China e España para que o país asiático invirta cartos na nosa débeda soberana, e incluso considere a participación privada na máis que posible privatización de AENA e de parte da xestión dos aeroportos españois.
No momento de conseguir estos acordos, creo sinceramente (como di meu pai) que a defensa dos dereitos humanos e esa dispoñibilidade para arrimar o ombreiro nos conflictos bélicos polo mundo adiante (léase Afganistán, Libia, Bosnia, etc), vai ao CARALLO. Por qué? Sinxelo, se estás diante de alguén que che pode comprar (darche cartos en definitiva), nunca serás tan groseiro como para falarlle dos seus trapos suxos....
En fin...

Esta entrada está nas seguintes categorías:
DENUNCIA,
ESBARDALLADAS
14/4/11
FUKUSHIMA, unha desgraza que non cesa
Mentres se cumpren case 4 semanas (1 mes!!) desde o desastre do terremoto e posterior tsunami na costa leste de Xapón, o goberno nipón aumentou a categoría de desastre nuclear a 7 nunha escala de 7. Esta escala (máis ou menos, tampouco é que eu sexa un experto) indica que o maior desastre coñecido a escala mundial, que foi en Chernobil foi cualificado como de gravidade 7.
Agora as autoridades xaponesas subiron a esa mesma categoría o desastre de fukushima. Canto tempo pasará antes de que se admita que Fukushima é ainda máis grave do que se cree?
Agora as autoridades xaponesas subiron a esa mesma categoría o desastre de fukushima. Canto tempo pasará antes de que se admita que Fukushima é ainda máis grave do que se cree?
13/4/11
Antes de que cuente diez, de Fito & Fitipaldis
Xa sabedes quén é e o que fai, así que non teño nin que presentalo...
A desfrutar!!
Lin un comentario sobre a canción que me gustou:
"Notades que esta canción non ten coros?? É porqué non é unha canción, é unha historia"
A desfrutar!!
Lin un comentario sobre a canción que me gustou:
"Notades que esta canción non ten coros?? É porqué non é unha canción, é unha historia"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)