Suvorov non daba creto ao que vían os seus
ollos. Desde o seu posto, á sombriña (como correspondía ao seu cargo), aquel
xoves tiña todas as trazas de converterse nun fodido día aburrido e sen acción.
A Suvorov lle gustaban as películas de acción. Unha das súas actividades
favoritas era visionar os films de Steven Seagal e Chuck Norris. Vaia ondanadas
de ostias metían os tipos!! Diante do espello carcomido pola silicona áceda coa
que o pegara á parede (merda de chino que lla vendeu) adoptaba posturas e
rictus das súas personaxes favoritas. Era un dos segredos que gardaba. Non o
peor, nin moito menos, pero se alguén no corpo se enterase do moito que lle poñía
andar espido (agás os calcetíns) co cinto e a pistola regulamentaria mentres
ollaba para si no espello, a súa exígua autoridade (mantida na súa maior parte
por medo) non aguantaría moito máis.
Una muller, unha mullerona, das que lle
gostaban a Suvorov, apareceu soa polo
posto de garda. Era grande toda ela, pero as súas cadeiras e o pandeiro se vían
imponentes. Mentres se erguía, Suvorov relameu os beizos. Unha muller soa! Suvorov
mandou aos dous oficiais que estaban ociosos a revisar o inventario de munición
na caseta que se atopaba a uns 500 m do posto de garda. Mi madriña!! Como me
vou poñer! Axustou o cinto e atusou o bigote graxumento mentres se poñía o
sombreiro regulamentario.
E saíu a esperala.
¿ondanadas de ostias?
ResponderEliminarVas ter que pagar os dereitos de autor.:-D