Antes de nada, benvid@s a tod@s de novo despois do verán... moitas cousas teño no tinteiro que irei sacando (na medida do posible) durante estes días...Moito verán (ainda que o tempo non acompañou todo o que debería) e moitas novidades, no mundo e persoais, así que, como dicía Jack (o destripador), imos por partes...
Entre outras películas, estes días (quen di días, di semáns) vin CARS 2. A película é continuación (nin o sospeitábades con ese nome...) da famosa Cars. Pouco teño que dicir, salvo que é a primeira peli de PIXAR que non remata de convencerme.
O tiñan difícil, xa que a primeira foi realmente moi boa, polo menos para o meu gusto, pero nesta segunda creo que caeron no sinxelo, nos efectos especiais, nos recursos que de seguro terán éxito entre os nen@s (barcos, avións, escenarios incribles) e creo que deixaron a historia de fondo, das personaxes, flouxa desde o principio.
Tampouco digo que non se poida ver; de feito, Iago a ve día si e día tamén (ata que saia outra película que lle tire máis...) pero foi unha "decepción" comprobar cómo o nivel altísimo do estudio PIXAR de animación, neste caso concreto, se viu afectado pola comercialidade (evidente) do bo producto que sacaron na primeira parte.
Haberá que esperar a The Brave....
No hay comentarios:
Publicar un comentario