Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


Mostrando entradas con la etiqueta MANUALIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MANUALIDADES. Mostrar todas las entradas

12/12/13

Calcetíns de lana estilo MILA

Calcetins de lana estilo MILA

As medidas que poño a continuación dan como resultado unhos calcetíns da talla 38-40 (Europa). As agullas que se usan son pequenas, de tamaño 3. Usaremos 4 agullas, normalmente 3 delas con puntos collidos e repartidos, e a 4ª agulla, para ir calcetando...


PASO 1: montar 60 puntos repartidos en 3  agullas pequenas e facer entre 15_18 voltas de elástico, 3 ptos dereito e 3 puntos revés. Con isto facemos o elástico.

ELÁSTICO


PASO 2: despois das 15_18 voltas, continuar todo o rato con punto do dereito ata un total de 15 cm (ollo, non 15 voltas, senón 15 cm!!). Despois deixar 21 puntos (aprox. 1/3 do número de puntos iniciais) nunha agulla sen calcetar (Descansando) e continuar calcetando os 39 puntos (2/3) restantes 1 volta ao dereito e unha volta ao reves durante 20 voltas.

PASO 3: repartir os 39 puntos en dua agullas. Deixar 10 a cada lado sen calcetar e ir menguando cos 19 restantes (do centro hacia os lados) do seguinte xeito. Na volta do dereito, calcetar 28 puntos. Cando falten 11 para rematar a volta (10 na agulla sen calcetar), pasar 1 punto sen calcetar, calcetar o seguinte (que está na agulla dos que descansan) e pasar o anterior por encima. Dar a volta e deixar 9 descansando. Na volta do revés, calcetar 28 puntos normal, e cando falten 11 para rematar, calcetar 2 puntos xuntos do revés. Asi vai formando o talón. En cada volta, quedará 1 punto menos en cada un dos extremos (10 puntos en cada extremo na volta 1, 9 puntos en cada extremo na volta 2, etc)



PASO 4: cando xa non queden puntos de menguar dos 39 (2/3) iniciais, deberian quedar 19. Agora hai que coller os puntos por cada lado ata chegar aos 21 puntos que deixamos sen calcetar arriba. Con isto lograremos facer o comezo do empeine, para pechar o círculo. Temos que coller os hilos dos puntos dos lados, todos xuntos, e imos calcetando ata completar 1 volta tendo as 3 agullas en redondo de novo. Dependendo das voltas que fixesemos, deberiamos ter ao final un circulo de algo mais de 60 puntos. Agora temos que estreitar algo a curva do empeine.


PASO 5: calcetamos unha volta enteira e cando toque empezar na agulla do empeine, debemos calcetar 2 puntos xuntos ao dereito, pero pasando a agulla de atras a adiante, collendo como primeiro punto o segundo na agulla. Iso para a parte dereita do empeine. Facemos o resto da.agulla do empeine ao dereito, e na parte esquerda collemos un punto, o pasamos sen calcetar e calcetamos o seguinte. Despois recuperamos o anterior e o pasamos enriba do calcetado (surjete?). Facemos isto durante 4 voltas ou asi, ata que teñamos un total de puntos de 55_58.


PASO 6: calcetamos seguido ao dereito durante 15 cm (CENTÍMETROS) dependendo do tamaño do pe.


PASO 7: Por último, para facer o remate da punteira do pé, repartimos os puntos entre 3 agullas, de xeito que queden o mesmo número de puntos en cada agulla. Entón, en cada principio ou en cada final de agulla, collemos 2 puntos xuntos, para ir diminuindo a calceta e rematar con 3 puntos, que pechamos e por fin ¡rematamos os calcetíns!


22/3/12

Faino ti mesmo/a!!!

Isto de internet é xenial... antes, calquera cousa que se che ocorrera, tiñas que artellala tí mesmo. Agora, maloserá que non haxa algunha páxina coma ésta...

http://www.says-it.com/seal/


1/6/11

paxariñas de papel...

Ben, unha cousa sinxela para comezar.

Andivemos estes días a facer paxariñas de papel para despois utilizalas na confección duns pendentes, así que alá imos:

Recortamos un cuadrado de 2,5 cm x 2,5 cm.
Dobramos polas esquinas marcando dúas diagonais.
Desde as 4 esquinas, dobramos hacia dentro facendo unha especie de sobre cuadrado.
Dámoslle a volta ao papel  e dobramos de novo desde as esquinas ao medio, o que sería un dobre sobre. Aquí o tamaño xa se reduce moito.
Desdobramos todo (xa ves, tanto traballo...) e as liñas que fixemos deberían quedar máis ou menos así...
Agora, dobramos unha esquina do primeiro sobre (un triángulo dos grandes)
Chegamos a un dos puntos cruciais. Tendo dobrado o triángulo superior, collemos as 3 puntas que quedan e as plegamos hacia detrás, quedando a figura como está arriba. Unha vez feito iso, collemos as dúas puntas opostas (a esquerda e a dereita da imaxe) e hundimos o dedo na parte central do papel, levando os extremos ata que se unan entre eles. Esas serían as patas, e a cola e a cabeza xa saen soas.
Tentádeo e xa me contaredes. Se admiten críticas caústicas polo cutre das explicacións...^^


19/5/11

Tricotín, Tricotán

Comeza unha nova sección en Esbardalladas, grazas a varios colaboradores/as anónimos para vós pero non para mín. Desde que me acordo teño debilidade polas manualidades de calquera tipo. Calceta, pintura, punto, coiro, tela, collares, etc... así que pode ser boa idea (xa veremos nos comentarios) poñer aquí técnicas e/ou resultados dos nosos intentos.

Para comezar a sección, presentamos unha técnica foi sinxela de facer cordóns con fios usando un aparello que se chama tricotín. De seguro que o coñecedes de cando erades pequenos (alguén me dixo que facía moitos cordóns de pequena con algo semellante a isto)
Tricotín

Detalle do cabezal onde se anuda o cordón

A primeira volta é importante

Débese pasar o cordón da volta anterior hacia dentro

Se volve a pasar o cordón e co pau se monta a volta anterior hacia dentro.
Aquí está o proceso grabado en vídeo (de móbil, sintoo).
E aquí está o resultado final

Moitas grazas a Geni pola súa colaboración desinteresada.
Ogallá teñamos máis entradas de manualidades!!