Hai xa moitos anos que sigo a U2, ese grupo irlandés de rock que ten moitas luces na súa carreira musical e tamén algunhas sombras (particularmente a mín o seu lider, Bono, non me gusta nada, pero sen él o grupo non sería o mesmo). En fin, ademáis de himnos que máis adiante porei aquí (sobre todo do álbum "The Joshua Tree"), esta canción que vos presento agora é bastante recente e pola súa frescura creo que paga a pena escoitala.
Desfrutádea!
No hay comentarios:
Publicar un comentario