Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


28/2/11

El Perfume de Mei, de Liu Hong

Estes días tiven a oportunidade de probar e comprobar a iniciativa de intercambio de libros entre pais do colexio de Iago. Ao principio de curso fixemos unha proposta de libros que cada familia prestaría (1 libro por familia) e ai 15 días nos enviaron a listaxe de libros dispoñibles. Había que escoller 3 posibles, e nos tocou EL PERFUME DE MEI.
Sempre que leo un libro escrito por Chinos ou Xaponeses me costa un pouco entrar nese ritmo que teñen. É un pouco hipnótico, coma se o tempo significase outra cousa alí. Ademáis, as referencias culturais e de valores son diferentes ás de aquí. Por eso mismo me resultan tan atractivos eses libros. Neste caso, a temática ten algo que ver cos conflictos xeneracionais de 3 mulleres, 2 chinas que están en Londres e 1 londinense que estivo en China.
Conforme transcurre a historia, o que máis me chama a atención é que os olores son os protagonistas verdadeiros. En si mesmo o libro tampouco é que sexa unha maravilla, pero ten algo, unha sensibilidade polo desarraigo, polas "adopcións" forzosas, pola sensación de ser estranxeiro noutras terras e tamén na túa.
Pero sobre todo, os olores que recorren o libro son os que enchen de vida esas páxinas, e son os que lles dan color e volume ás vidas das mulleres que conforman a historia.
Alégrome moito de telo lido, pero teño que recoñecer que só o fixen neste momento polas especiais circunstancias nas que apareceu por casa. Ogallá teña sorpresas igual de agradables de aquí en diante!!

25/2/11

DESORIENTADO 23


O grao de violencia que podía acadar nese momento non o sabía nin él mesmo, así que Suvorov tiña a precaución de apartar aos turistas “listillos” ata a vella estación de tren. Alí, nas oficinas que e atopaban no soto (había como 10 anos que estaba pechada a estación) Suvorov poñía en marcha a súa parafernalia, o seu escenario particular. Unha mesa grande e rectangular de caoba separaba aos “acusados” de Suvorov. Sempre, sempre, sempre facía o mesmo ritual. O primeiro era sacar a súa arma regulamentaria, unha Makarov PM xa obsoleta noutros exércitos desde a caída da URSS, pero tremendamente funcional. A única pega é que si se che cae ao chan, pode dispararse, pero xa terías que ter moi mala sorte para que unha bala perdida che impactase, non? __ isto era o segundo que facía, explicarlle aos pobres e sudorosos turistas as virtudes e fallos da súa pistola. Despois xa chegaban as acusacións, sempre falsas, sobre algunha falta ou infración, que lle daba dereito non só a un interrogatorio (ilegal a todas luces) senón a un pagamento totalmente aleatorio, segundo lles vise as pintas aos pailáns.
En dúas ocasións Suvorov tivera que poñerse serio de veras. Tiña ben claro cal era o seu papel e normalmente coa posta en escena anterior chegaba para afrouxarlle os petos (e nalgúns casos algo máis, pensou con sorna…) aos incautos. Pero cando aquel americano dos collóns se alporizou coma un cabalo tolo pelexa e amenazou con non sei qué andrómena da embaixada ou do consulado (o alcohol tiña ese efecto, desfacía os recordos máis rápido do que parecía) a Suvorov se lle subiu o galo ao poxigo e meteulle a pistola na boca. Meu, o tipo mexou polos pantalóns máis rápido do que se tarda en dicir Transnistria. O peor foi que 2 meses despois tivo que envainala cando lle chegou unha citación para que, ipso facto, se presentara no estado maior en Tiraspol. Alí lle tiraron ben das orellas, sobre todo cando o presidente da comisión preguntou a causa da perda de 4 dentes do cidadán americano, pero Suvorov non é deses cans que se enrrugan cando lles alumbras, así que despois de acatar a sanción (12 meses máis no posto de control fronteirizo e unha multa de 10.000 rublos transnistrios) volveu con moitas gañas de tralla, e niso o vodka non axudou. Pero tivo mala sorte. Agardou caseque 3 semanas máis ata que chegou ela

24/2/11

Luces e sombras

Coñecete a ti mesmo
Ao templo de Apolo, en Delfos, se achegaba a xente buscando respostas no oráculo. Na entrada hai unha inscrición que eu creo que da bastantes respostas: "Coñecete a ti mesmo". Si o pensas ben, ao mellor non entras a preguntarlle ao oráculo según qué tema.
Pero para iso tes que coñecerte a ti mesmo, e ben. Non che é sinxelo. Fan falla grandes doses de autocrítica, humildade, reflexión e supoño que bastante empatía (deben de facer falta moitas máis cousas, iso seguro...). Isto último ademáis de axudarte a ti mesmo, tamén ben moi ben de cara aos demáis, xa que a empatía fai posible facerlle saber aos do teu arredor que ti sabes cómo se sinten, que os comprendes e que os apoias. Pero creo que esa actitude pode axudarche a ti mesmo a chegar a un estado maior de consciencia, de autocoñecemento.

E niso andamos, tentando iluminar os recunchos en sombras que atopamos na nosa cabeciña...que boa falta nos fai a nós e por extensión, mellor nos vai cos de arredor...

23/2/11

Revoltas en Libia

Vendo cómo a opacidade dos medios de comunicación nos impide ter información veraz sobre o que está a pasar en Libia, non podo nin imaxinar o terror que debe producir estar metido no medio deses ataques por parte do propio exército á población civil.

Se fala xa de máis de 300 mortos, bombardeos, disparos con munición real e desaparición de protestantes, todo iso mentres desde a Unión Europea se produciu unha declaración morna e descafeinada condenando a violencia. Mentres morre xente, desde aquí se está preocupado polo suministro de petroleo (como non!!) ou da amenaza da inmigración masiva. Meus, se comezan a chegar oleadas (ondanadas que diría Manquiña) de Libios a Italia, non serán inmigrantes. Serán refuxiados, e o tratamento é distinto.

E nós aquí estamos hoxe a lembrar o intento de golpe de estado que sucedeu o 23-f, ai 30 anos. 30 anos no que España avanzou incriblemente nos dereitos e liberdades (tamén é certo que queda moito por facer...) pero ai que ter en conta que eses 30 anos que levamos aquí (afortunadamente) con melloras grazas ao fallo do golpe de estado, son bastante menos dos que leva Gadafi gobernando Libia. O tipo leva no poder desde o 1969 (xa me mareo só de pensalo) coa connivencia da Unión Europea e do resto do mundo, que lle leva rindo as grazas desde que tomou o poder.

Ogallá todas estas mortes sirvan de algo.


Alabama Song, The Doors

Esta canción tamén é coñecida como Moon of Alabama ou Whisky Bar foi escrita orixinalmente por Bertolt Brecht en 1927!! para unha ópera. O grupo The Doors e o seu cantante, Jim MOrrison, a versionaron en 1967 e tamén David Bowie en 1978.
Vendo a orixe da canción e lendo sobre a vida e obra do seu autor, a letra cobra moito senso, sobre todo na súa representación teatral.

Aquí poño a versión de "The Doors", que foi como a coñecín, e agardo que vos guste tanto coma a mín.

22/2/11

O divino ferrete

O divino ferrete, un proxecto nado no seo de GalegoLab, quere ser o primeiro filme pornográfico feito en lingua galega en todas e cada unha das súas etapas.


Será distribuído en rede e de balde, terá unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0 Xenérica e contará con dúas versións, unha de porno duro e outra de porno suave.

-----------------------


Haberá que botarlle unha ollada, ainda que lendo o guión, o choio está claro...

21/2/11

COMUNICACIÓN, POR FAVOR

MORALEXA Nº 1
CANDO O SEU EMPREGADO ENFERME,

DEALLE O DIA LIBRE

Kung Chang chamou ao seu xefe e 

lle  dixo:

- 'Jefe, hoy yo no tlabajal, yo estal 

enfelmo. Duele  cabeza, duele
panza, duele pielna, no voy tlabajo'.

O xefe lle responde: - 'Kung Chang, 

realmente hoxe te necesito no traballo.  Cando me sinto así de mal, lle pido
á miña esposa que teñamos sexo. Iso me fai sentir moito mellor e podo ir 
traballar. Deberías probar, che fará moi ben'.

Dúas horas despois, Kung Chang volve chamar ao seu Xefe e lle di:
- '¡Jefe, no sabel qué decil! Glacias pol consejo, ya  sentilme mucho
mejol, enseguida yo il tlabajo. Felicito mucho, muy linda su casa, muy
glande su cualto y muy buena su esposa'.

MORALEXA
A comunicación debe ser clara.  Sea explícito cando fale cos seus
colaboradores.




MORALEXA Nº 2
RESPECTE AS OPINIÓNS DOS DEMÁIS

 
Un home estaba a poñer flores na tumba dun  parente, cando
ve a un chino poñendo un prato de arroz na tumba veciña. O home
se dirixe ao chino e lle  pregunta:

-  'Desculpe señor, pero ¿cree vostede que de verdade o defunto comerá o
arroz?' -  'Si', respondeu o chino... 'Cando o seu veña a oler a súas FLORES.'

MORALEXA
Respectar as opcións do outro é unha das maiores virtudes que un
ser humano pode ter. As persoas  son diferentes, actúan diferente
e pensan diferente. Non xulgue. Únicamente comprenda.


MORALEXA Nº 3
HISTORIA DE DÚAS AMIGAS

Dúas amigas saliron soas, sen os seus maridos. De regreso na
madrugada, esgotadas pola borracheira, lles deron ganas de mexar,
pero o único que había cerca era un cementerio. Decidiron baixarse e
facelo... A primeira non atopou con que se secar, así que se limpou 
coa súa ropa interior e a tirou. A segunda tampouco atopou con qué, así
que agarrou a cinta  dunha coroa de flores pertenecentes a funeral e se limpiou
con ela.

 Á mañán seguinte os maridos se chaman e un lle di ao outro:
!!... isto xa é o colmo!, estou ata collóns das saídas
destas dúas. Agora sí se terminóu todo, imaxínate..... chegar sen
bragas a casa ás 4:00 da mañán.
 
E o outro lle contesta: Tes sorte, e non sei de qué te queixas!!! Po
lo menos a túa chegou sen bragas. A miña chegou cunha tarxeta no cu que dicía: 
'Nunca te olvidaremos. Con cariño: Os teus compañeiros de  traballo'.

MORALEXA
Non saque conclusións sen preguntar; pregunte, sempre pregunte
.


MORALEXA Nº 4
AMOR DE LONXE

Un soldado español destinado en Irak recebe unha carta da súa noiva
desde Madrid. A carta dicía o seguinte:

'Querido Alberto.

Xa non podo continuar con esta relación. A distancia que nos separa
é demasiado grande. Teño que admitir que che fun infiel dúas veces
desde que te fuches e creo que nin ti nin eu nos merecemos isto, o
sinto.

Por favor devólveme a foto que che enviei.
Con amor. Sofía.'

O soldado, moi ferido, lle pediu a tódolos seus compañeiros que lle
regalaran fotos das súas noivas, irmás, amigas, tías, primas, etc.
Xunto coa foto de Sofía incluiu todas esas outras fotos que recolectara
dos seus amigos.

Había 57 fotos no sobre e unha nota que dicía :

'Querida Sofía.
Perdóname, pero non podo lembrar quén coño és. Por favor, busca a túa
foto no paquete e me devolves o resto.'


MORALEXA
Ainda derrotado, ai que SABER FODER AO ENIMIGO


18/2/11

DESORIENTADO 22


Frederick Suvorov estaba bébedo. Coma tódolos días desde que o destinaran a esa merda de control fronteirizo entre Moldavia e Ucrania. A República Independente de Transnistria tiña unha historia breve pero intensa. Despois de 1992 e trala guerra con Moldavia, este territorio entre a fronteiza Moldavo-Ucraniana e o río Dniester se declarou independente unilateralmente. Ninguén máis que eles se recoñeceron como Estado a nivel mundial, e agora toda a antiga gloria comunista da antiga URSS se refuxiaba nesa estreita franxa de terreo. Os rusos mandaban en Transnistria e desde Tiraspol  organizaban á policía de fronteira para que lles cobrasen “visados” aos turistas que, despistados, tentaban atravesar a gloriosa república cara á veciña Ucrania. Suvorov era un deses axentes gubernamentais que, coa comnivencia das autoridades, pedía subornos aos turistas, caseque todos mozos e mozas, que tentaban atravesar a estreita franxa desde a cidade moldava de Criuleni á veciña Ucrania. Suvorov escachaba coa risa cando os coitados se decataban que a súa viaxe feliz ata o momento se tornaba en desagradable. Normalmente eran dabondo uns gritos en ruso, unhas amenazas verbais que a maioría nin entendía, para lograr 80 ou 100 € por barba. Esa rutina ás veces se rompía, afortunadamente para Suvorov, e desgrazadamente para os/as que por algunha causa se resistían a pagar o imposto. Daba igual que estivese ata as orellas de vodka; ao atoparse cunha mínima resistencia, a súa mente retorta e con tendencia ao sadismo (tal como se recollía na sentenza condenatoria que o mandara ao control fronteirizo) espertaba de vez.

17/2/11

Galegofobia

Botando unha ollada a Mesturas, un blog moi recomendable, atopo unha entrada que cabe resaltar. O importante é que si non chego a ver o blog me perdería esta "perla" que a nosa sociedade encumbrará aos altares da audiencia, xa que o programa en cuestión GH nin o vin nin o vexo, pero desgrazadamente somos minoría. Creo que ai que avanzar na normalización da lingua e da cultura propias, pero vendo este vídeo, vexo que falta moito treito....

16/2/11

Se os bicos curasen...

Este domingo pasado estiven vendo a entrega dos premios Goya de cine. Como o ano pasado, os presentaba Andreu Buenafuente, e ainda que estivo moi ben en canto a ritmo e tamén ás pausas entre premio e premio, creo que se lle esgoutou a fórmula de entretenimento (é a miña opinión soamente) e terán que cambiar de presentador para o ano que vén. Entre que tamén cambia o presidente e outros asuntos, non creo que vexamos de novo a Buenafuente presentando de novo os Goya, polo menos de momento.

O que máis me gustou, ademáis dos espectáculos intermedios, foron a entrega de dous premios en especial; o primeiro foi ao mellor corto (aquí vos deixo o vídeo)

’Una caja de botones’, de María Reyes Arias González, Mellor Curtametraxe de Ficción Española



e tamén ao mellor corto de ficción (tamén está aquí o vídeo):

’La Bruxa’, de Pedro Solis García, Goya á Mellor Curtametraxe de Animación Española



a frase que me impactou máis de todos os agradecementos foi a que dixo este home, "Se os bicos curasen, o meu fillo sería o máis san do mundo". Ogallá fose así.

Noraboa a tódolos premiados/as!!

Ain´t That Just Like a Woman

Cando oín a canción de Louis Jordan quedei encantado polo seu ritmo (o video que vos deixo máis abaixo o demostra) pero ao oir unha versión posterior de Chuck Berry, me quedou claro que ás veces as cousas poden mellorar ainda máis. Os estilos son distintos, claro, pero o que é verdade é o boísima que é esta canción.

Desfrutádea!!



15/2/11

A FRASE DO ANO

A FRASE DO ANO, DITA POLO PREMIO NOBEL DE MEDICINA
Esta frase díxoa o gañador do Nobel de medicina (o oncólogo brasileiro Drauzio Varella).


"No mundo actual, se está a investir cinco veces máis en
medicamentos para a virilidade masculina e silicona para as mulleres, que na cura do Alzheimer. De aquí a algúns anos, teremos vellas de tetas grandes e vellos con pene duro, pero ningún deles se lembrará para que serven"

14/2/11

BALANCES, BALANCES

Normalmente deberían ter saldo positivo para ser axeitados aos obxectivos que se buscan, pero ás veces, que o resultado dun balance dea negativo tampouco ten que indicar un fracaso absoluto. Afortunadamente, teño aprendido que na vida os termos absolutos valen de ben pouco, xa sexa para falar de persoas (non as ai absolutamente malas nin absolutamente boas) ou de cousas. Pero o concepto de balance me leva acompañando boa parte da miña vida, e adoita coincidir con algo que se produce de ano en ano, e que fai que tome consciencia de que xa pasaron 12 meses. Outro ano máis pasou e aquí estamos.
Sempre me pasa o mesmo, cando comeza un ano (que no meu caso particular non coincide para nada co 1 de xaneiro...) non teño en mente que en 12 meses terei que facer un balance. En realidade non  o teño que facer, pero a miña cabeza non descansa ata que me paro a pensar no balance do ano. Supoño que todos temos a necesidade de parar de cando en vez, parar para botar unha ollada atrás (non moito atrás, para evitar o vértigo) e sobre todo para que, cando volves ver adiante, teñas unha nova perspectiva. E iso é o que fago. Tampouco ten máis sentido nin máis interese...pero axuda. Axuda o feito de pararse e axuda o feito de contalo, de facelo explícito xa que, no meu caso, toda a bola de lá que teño diante se vai desengrellando. Ás veces tarda máis do que parecía, pero case sempre (polo de agora) saio da néboa mental coas ideas máis claras do que entrei.

11/2/11

DESORIENTADO 21


E seguiron. Como agora mesmo ía facendo Nina. Curiosamente estaba a facer a viaxe mental e a física case superpostas no espazo, que non no tempo. Cando rematou de atravesar “O rallador” Nina colleu folgos para afrontar a última etapa antes de chegar á sima N. Unha parede lisa e vertical se abriu ante ela. “O Rallador” resultara ser un corredor sin saída. Isto non era exacto na súa totalidade, pero se precisaron 5 baixadas máis dos equipos para continuar o camiño. O proxecto naquel momento pendera dun fío, xa que o departamento ao que pertenecía Nina dependía absolutamente os orzamentos estatais (clasificados como “Fondos Reservados” iso si) e no 2009 tiveron unha redución do 75%. Daquella lle sairan canas por todo o cabelo. Fóran uns meses de tolemia. E, de súpeto, chegaran de novo os cartos. A Nina estrañoulle moitísimo o repentino cambio de actitude (e de crédito) do goberno, xa que os resultados do proxecto aínda non estaban preparados para a súa presentación. Só cando houbo cambio de interlocutor co goberno Nina comprendeu o que pasara.

10/2/11

DE PERROS Y DE HUESOS

Cando Zeke me pasou este cómic, tiña un brillo especial nos ollos e dixo a súa frase, a que precede a unha grande historia: "Este es bueno". Normalmente todo o que me pasa é bo, pero tamén é certo que ás veces os nosos gustos non coinciden todo o desexable. Enriba, como ai confianza, podémolo dicir sen problemas, así que ás veces o que facemos é "discutir" do xeito de: _ pois a min me gusta_pero non ves que ainda que teña ese debuxante, o guión non se sostén_pero que dis do guión, si precisamente a min o debuxante non me gusta...

En fin, que collín o cómic e marchei para casa (de meus pais, ese día tocaba comida familiar). Cando o collín pola noite, vin que "De Perros y de Huesos" é a primeira obra dun autor, COLO, e que gañou a 2ª edición dun premio organizado por unha editorial potente española.  Iso tampouco di nada a priori, só que houbo unha selección. Pero todos estes prexuízos que teño eu (tería que revisalos nalgún momento) para os "elixidos" por un xurado (da igual si o concurso é para escribir unha obra de teatro, un cómic ou un graffitti) se viñeron abaixo en canto comecei a lelo.

Este cómic é caralludo. Punto. De principio a fin. E ademáis estou de acordo coa contraportada, onde dí que son 8 historias que se entrelazan nos barrios máis desfavorecidos da nosa capital (Madrid). Pero é máis que iso. É un pedazo de vida moi verosimil de 8 persoas, que queda atrapada nas páxinas do cómic grazas a un debuzo sinxelo e áxil e que cobra vida grazas a uns diálogos (internos e externos) moi traballados e por iso mesmo, moi frescos e aparentemente sinxelos.

Non sei se lerei algo máis do autor, pero ten a miña admiración polo que xa fixo. Excelsior!!

9/2/11

GARBO, o espía que salvou ao mundo

Ademáis de The Cove, tiña na cabeza ver outro documental do que oín falar xa no  ano 2010 (que quedou atrás hai pouco). Se titula "Garbo, o espía que salvou ao mundo". Precisamente sen ter a intención concreta de que fose este finde o elixido, o domingo pasado o puxeron na 2 de TVE e o puiden ver. Moitas veces se di que as películas de espías son moi retorcidas, con idas e voltas, con enganos e reclamos, pero tamén se di, e neste caso é certo, que a realidade supera moitas veces á ficción.

Garbo foi o nome en clave que o MI5, o servizo segredo inglés lle deu a Joan Puyol, un home con profundas conviccións antifascistas que tentou ser espía inglés, máis ao ser rexeitado, ofreceu os seus servizos aos alemáns, para de novo volver a ofrecerse como axente dobre. Ao ser aceptado desta volta, comezou unha labor inxente de creación dunha rede de espionaxe (ata 22 supostos informadores emitian informes e noticias contrastables), supostamente leal a Alemaña, desde Gran Bretaña. O que realmente fixo foi que os alemáns creran tódolos seus informes e lle fixeran caso, de modo que o que os ingleses e aliados podían facer os seus plans contando coas reaccións do exército alemán aos informes de Garbo.

O summun desta historia (e da historia recente da humanidade en Europa) foi que Garbo logrou convencer aos alemáns que o desembarco en Normandía (data e lugar clave para o que se transformou na derrota nazi da 2ª guerra mundial) era só unha maniobra para distraer ao exército alemán, e que o verdadeiro desembarco se produciría en Calais, a 250 km ao N. Isto permitiu que o alto mando alemán (existen incluso informes de Garbo revisados por Hitler) desviase a meirande parte das tropas hacia Calais, polo que o exército aliado puido comezar a reconquistar Francia e acelerar o final da guerra.

Garbo é un dos pucos homes que recibiron as condecoracións de guerra dos dous bandos, a Cruz de Ferro Alemá e a Orde do Imperio Británico.
----

8/2/11

Ain´t no mountain high enough, de Marvin Gaye & Tammi Terrell

Ainda que a canción xa ten os seus anos, eu non a coñecín ata que unha operadora de telefonía a usou na súa campaña publicitaria (afortunadamente para os que vemos anuncios, ás veces temos estas xoias como recompensa). Hai outra versión cantada pola fantástica Diana Ross, pero aquí vos deixo a que cantou a parella orixinal.

Desfrutádea!


7/2/11

REDES, de Eduard Punset

De xeito intermitente vexo o programa REDES desde hai moito tempo. O malo é que (nisto coma en moitos ámbitos da miña vida -sic-) nin son constante nin períodico na miña inconstancia, polo que poden pasar meses de emisión sin que o vexa. Isto non é óbice para recoñecer o enorme valor didáctico e divulgativo do programa e do seu director, Eduard Punset.
Redes é un programa que emite a 2 de TVE e que tenta presentar os coñecementos científicos dun xeito ameno e entretido. Creo que un dos valores do programa é a figura do seu presentador e director, un home que pode resultar agradable ou non, pero ao que lle hai que recoñecer a súa paixón pola ciencia e polo coñecemento e a súa divulgación.
No programa de onte mesmo, nun momento da entrevista que lle estaba a facer a un matemático, Punset dixo que despois de moitos anos de docencia, descubrira que si non é capaz crear curiosidade e de entreter ao alumnado, xa lles podes contar maravillas, que non funcionará. E creo que acerta nesa premisa. Para aprender non é preciso divertirse (só hai que botarlle unha ollada ao sistema educativo que tivo a miña xeración), pero si eres capaz de divertirte mentres aprendes, creo que aprendes máis e mellor.
Na web do programa tedes o arquivo de vídeos dos programas anteriores. Creo que poden ser moi interesantes (terei que ir vendo caseque todos... maldita inconstancia!)

5/2/11

EL VERANO DE KIKUJIRO, de Takeshi Kitano

Nalgún momento da miña vida teño que revisar o feito de que me chegan antes ás máns as Bandas Sonoras Orixinais (B.S.O) das películas que vexo os films. Este caso ten o agravante do tempo. O tempo que transcorreu desde que escoitei por primeira vez a música de Joe Hisaishi (que lembra moitísimo a o grande Michael Nyman de "El Piano") e quedei prendado da luminosidade que desprende e cando por fin puiden ver o filme (El Verano de Kikujiro) foi nin máis nin menos que de case 6 anos. (6 anos!).
Pero non creades que só escoitei un par de veces a devandita B.S.O. Non, non, a música convertiuse en parte da miña vida. Pero ao final vin a película e non me defraudou nada. Xa son varias as veces que, ao ver a película tendo na cabeza a música, sucede que todo entra como moito máis adentro.
Nesta película Takeshi Kitano, ou Beat Takeshi, como foi coñecido polo dúo humorístico co que comezou ai moitos anos, se alonxa dos films aos que nos tiña acostumados e crea unha historia chea de sensibilidade e tamén (ao meu parecer) unha transposición de papeis entre os dous protagonistas, a viaxe infantilizadora de un e a maduración por medio da viaxe do outro.

Moi recomendable.
Aquí vos deixo un vídeo do autor da música, Joe Hisaishi (creo que se recoñece a miña debilidade...)

4/2/11

REVOLTAS NA CASA DO VECIÑO

Parece que agora mesmo están saíndo coma champiñóns un monte de expertos sobre a situación política de Yemen, Exipto ou Tunicia. Eu desgrazadamente non son deses, e non tiña nin idea sobre as situación política, as eleccións, o tipo de réxime ou os líderes deses países.
Teño que recoñecer que o nome de Hosni Mubarak me leva soando desde que oín falar de Exipto, pero é normal, teño pouco máis de 30 anos (por dicilo dun xeito moi positivo) e este home parece que leva o mesmo tempo sendo o xefe de goberno dese país.
De Yemen non teño nin idea e a Tunicia tiña pensado viaxar algún ano destes, pero pouco máis.

O que é certo é que agora milleiros de persoas están a loitar para acadar un cambio de goberno e, sobre todo, un cambio social e de dereitos (e polo tanto, de futuro) nestes 3 paises veciños. Pero non teñen nada que ver os métodos de protesta aquí e alí. Meus, alí morre xente por dicir o que pensa. E non é xente radicalizada nin disposta a morrer polos seus ideais. Non, é xente desesperada e que non soporta máis a situación. Que quere un cambio. Ogallá o consigan.