Frederick Suvorov estaba bébedo. Coma tódolos días desde que o destinaran a esa merda de control fronteirizo entre Moldavia e Ucrania. A República Independente de Transnistria tiña unha historia breve pero intensa. Despois de 1992 e trala guerra con Moldavia, este territorio entre a fronteiza Moldavo-Ucraniana e o río Dniester se declarou independente unilateralmente. Ninguén máis que eles se recoñeceron como Estado a nivel mundial, e agora toda a antiga gloria comunista da antiga URSS se refuxiaba nesa estreita franxa de terreo. Os rusos mandaban en Transnistria e desde Tiraspol organizaban á policía de fronteira para que lles cobrasen “visados” aos turistas que, despistados, tentaban atravesar a gloriosa república cara á veciña Ucrania. Suvorov era un deses axentes gubernamentais que, coa comnivencia das autoridades, pedía subornos aos turistas, caseque todos mozos e mozas, que tentaban atravesar a estreita franxa desde a cidade moldava de Criuleni á veciña Ucrania. Suvorov escachaba coa risa cando os coitados se decataban que a súa viaxe feliz ata o momento se tornaba en desagradable. Normalmente eran dabondo uns gritos en ruso, unhas amenazas verbais que a maioría nin entendía, para lograr 80 ou 100 € por barba. Esa rutina ás veces se rompía, afortunadamente para Suvorov, e desgrazadamente para os/as que por algunha causa se resistían a pagar o imposto. Daba igual que estivese ata as orellas de vodka; ao atoparse cunha mínima resistencia, a súa mente retorta e con tendencia ao sadismo (tal como se recollía na sentenza condenatoria que o mandara ao control fronteirizo) espertaba de vez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario