De xeito intermitente vexo o programa REDES desde hai moito tempo. O malo é que (nisto coma en moitos ámbitos da miña vida -sic-) nin son constante nin períodico na miña inconstancia, polo que poden pasar meses de emisión sin que o vexa. Isto non é óbice para recoñecer o enorme valor didáctico e divulgativo do programa e do seu director, Eduard Punset.
Redes é un programa que emite a 2 de TVE e que tenta presentar os coñecementos científicos dun xeito ameno e entretido. Creo que un dos valores do programa é a figura do seu presentador e director, un home que pode resultar agradable ou non, pero ao que lle hai que recoñecer a súa paixón pola ciencia e polo coñecemento e a súa divulgación.
No programa de onte mesmo, nun momento da entrevista que lle estaba a facer a un matemático, Punset dixo que despois de moitos anos de docencia, descubrira que si non é capaz crear curiosidade e de entreter ao alumnado, xa lles podes contar maravillas, que non funcionará. E creo que acerta nesa premisa. Para aprender non é preciso divertirse (só hai que botarlle unha ollada ao sistema educativo que tivo a miña xeración), pero si eres capaz de divertirte mentres aprendes, creo que aprendes máis e mellor.
Na web do programa tedes o arquivo de vídeos dos programas anteriores. Creo que poden ser moi interesantes (terei que ir vendo caseque todos... maldita inconstancia!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario