Para aqueles que, coma mín, de vez en cando actualizan os navegadores web, aquí poño unha solución para un problema que pode xurdir: que se execute o programa en cuestión, Explorer, SIN COMPLEMENTOS.
A verdade é que é un engorro, xa que non deixa navegar e ainda que desinstales e volvas instalar, semella que non se arranxa. Cómo facelo? Buscando na rede atopei a solución, que por trivial non deixa de ser importante:
O que sucede é que está mal o acceso directo no que premes para executar o programa. Simplemente editando o devandito acceso directo do seguinte xeito se arranxa:
1.- Click co botón dereito sobre acceso directo de Explorer.
2.- Propiedades:
Unha vez aquí, en destino ("C:\Archivos de programa\Internet Explorer\iexplore.exe -extoff"), só tedes que BORRAR -extoff
e xa debería funcionar...
sinxelo, pero efectivo, como ten que ser.
No hay comentarios:
Publicar un comentario