A nova da morte de Gadafi quedará empañada, alomenos en España debido á nova do fin da ETA, pero é unha boa nova desde logo. Non está moi claro cómo foron as circunstancias da súa detención e posterior morte, pero está claro que un futuro esperanzador? se abre en Libia.
Digo esperanzador con interrogacións xa que o país queda dividido en dous bandos despois da defensa ata a morte dos partidarios do antigo réxime e a loita dos afíns ao novo réxime, que tampouco sabemos cómo pretende ser.
Con este futuro tan incerto, o que si se pode concluir é que a ola de "democratización" que se extendeu pola parte Norte de África (revoltas en Tunicia, Libia, Argelia, Exipto, Siria e tamén en Marrocos) tivo resultados máis ou menos bos, ainda que non en tódolos casos no mesmo grao. Recén comezou esta nova etapa no continente veciño que, agardemos, nos leve a unha mellora nas condicións de vida, tanto económicas como de dereitos, que tanto fan falla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario