Despois de casi 3 anos, vou facer un cambio, non sei se a mellor, pero si será un cambio.
Xa estaba afeito a ver o logo do blog "ESBARDALLADAS" con esa fotomontaxe do cuadro da Grande ola de Kanagawa e tamén da imaxe dunha Aurora Boreal, todo mesturado. Velaquí a imaxe:
Pois ben, como ando trasteando co GIMP, atopei un titorial de como facer imaxes animadas, e isto foi o primeiro que me saiu. De aquí en adiante (salvo que haxa unha aclamación popular en senso contrario) a imaxe anterior será substituída por esta:
No hay comentarios:
Publicar un comentario