Teño ultimamente un extraño costume, que é matinar un rato eu só (e tamén con vós...) sobre o último libro que pasou polas miñas retinas. Neste caso, El Asedio, de Arturo Pérez-Reverte comezou mal... non polo libro en si mesmo, pero sufriu unha "pausa" de caseque 1 ano antes de (re)comezar a leelo, xa que polo medio me atopei somerxido na saga de George R.R. Martin, "Canción de Hielo y Fuego". Ao mellor así dito non soa nada, pero ven a ser que me lin os libros de "Juego de Tronos" antes de seguir con éste. Exactamente lin os 4 primeiros libros... Agora mesmo ando escomezando o 5º libro (A Dance with Dragons) pero este será tema doutro post.
Imos co libro que nos ocupa. Para empezar, o libro é do excelso Pérez-Reverte, periodista fogueado en miles de guerras, escritor de artigos de opinión, académico (máis recentemente) e amigo de Javier Marías (resalto esto último xa que eles mesmos o resaltan cada vez que teñen ocasión, nas súas respectivas columnas).
O libro é inquedante, ambientado nunha Cádiz de hai 200 anos, asediada polos franceses e a piques de rematar a constitución de 1811. Unha cidade convulsa, escura e chea de espazos recheos por envexas, ambicións, corrupción, fachendas, e asesinatos. Un policía corrupto, un capitán de barco para quen o honor só é un estorbo, un taxidermista con extrañas inquedanzas e un enxeñeiro francés obsesionado con acadar cada vez maior distancia cando dispara as bombas sobre a cidade conforman un elenco de personaxes completado pola herdeira do negocio familiar de comercio, obrigada por si mesma e pola cidade onde vive, a comportarse como se espera dela, e non como ela mesma desexa.
Ainda que o autor na mesma obra sinala que é unha obra de ficción, o marco histórico está máis que matizado en toda a súa extensión. Batallas, disparos, abordaxes, afundimentos, impactos de bombas; nada queda ao azar... ou sí? O fío conductor da obra son os extraños asasinatos que se suceden nos mesmos lugares onde caen as bombas... e que traen de cabeza ao policia que os investiga.
Como nunha especie de tear, Pérez-Reverte vai urdindo unha obra con fíos de distintas cores e texturas, de xeito que o tecido final non resulta para nada estrambótico, senón todo o contrario. Lendo a obra, só pode ter un final, que é o que é.
Unha hipótese particular, sen máis argumento que o propio maxín do que postea aquí: Paréceme que o autor, nas súas obras, outorga un papel case sempre negativo ás súas personaxes femininas. Desde a Angélica de Alquezar de Alatriste, pasando polo maestro de esgrima, Cabo Trafalgar, Territorio Comanche, A pel do Tambor ou o Clube Dumas, as personaxes femininas nas obras de Pérez-Reverte teñen un papel de atracción hacia o fatal, como de pervertidoras.... Haberá que comprobar nas obras que escriba de aquí en adiante Arturo Pérez-Reverte se isto ten algún tipo de fundamento, que non explicación (iso habería que preguntarllo a él mesmo).
Paga a pena ler o libro, pero ao meu humilde parecer, hainos mellores, incluso do mesmo autor...
Pois eu me atopo agora mesmo en plena saga de "Canción de Hielo y Fuego". De momento promete.
ResponderEliminarjejeje, xa me contarás...
Eliminar